Lingua cree

A lingua cree[3] é un continuo dialectal consistente en varios dialectos aborixes americanos pertencentes ás linguas algonquinas, faladas por 50.000 persoas no Canadá, dende Alberta até Terra Nova e Labrador. Algúns dialectos utilizan unha variantes dos alfasilabarios nativos canadenses e outros usan o alfabeto latino.

Cree
Nēhiyawēwin
ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ
Outros nomes:Montagnais, Naskapi
Falado en:Canadá e Estados Unidos de América (Montana)
Total de falantes:120.000 (censo de 2006)[1]
(incluíndo montagnais–naskapi e atikamekw)
Familia:Álxico
 Algonquino
  Cree
Escrita: Alfabeto latino, alfasilabarios nativos canadenses
Códigos de lingua
ISO 639-1:cr
ISO 639-2:cre
ISO 639-3: cre
Mapa
Status

O cree está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]
Placa trilingüe en inglés, francés e Cree.

Nomes

Os endónimos da lingua son Nēhiyawēwin ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ (cree das chairas), Nīhithawīwin (cree dos bosques), Nehirâmowin (atikamekw), Nehlueun (montagnais occidental, dialecto Piyekwâkamî), Ilnu-Aimûn (montagnais occidental, dialecto Betsiamites), Innu-Aimûn (montagnais oriental), Iyiniu-Ayamiwin (cree do sueste), Iyiyiu-Ayimiwin (cree do nordeste), e Ililîmowin (cree moose).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: