Lingua galó

lingua romance da Bretaña

A lingua galó é unha lingua romance (polo tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias da Bretaña.

Galó
Galo
Pronuncia:[fʁɑ̃sɛ]
Falado en:Francia
Rexións: Bretaña
Total de falantes:28 000
Familia:Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Italo-Occidental
    Galoibérico
     Galorrománico
      Oïl
       Galó
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
SIL: FRA
Mapa
Status

O galó está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O galó fálase tradicionalmente na parte oriental da Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou).

Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, polo tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.

Comparativa léxica

Sinal en galó no metro de Rennes
GalegoBretónGalóFrancés
abellagwenanennavèttabeille
cadeirakadorchaérrchaise
queixoformajfórmaijfromage
saídaer maezdesortsortie
caerkouezhañcheirtomber
cabragavrbiqchèvre
casatiostèumaison
beizogweuzliplèvre
bocagenougóllbouche (gueule)
númeroniverlimerotnuméro
peraperennpeirrpoire
escolaskolescollécole
esquíokazh-koadchat-de-boézécureuil
estrelasteredennesteillétoile
horariotaolenn an eurioùoryaerhoraire
fumarmougañbetunaefumer
hoxehizivanoetaujourd'hui
asubiar/chifrarc'hwibanañsublaesiffler

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: