Lingua malayalam

lingua falada no estado de Kerala, India

O malayalam[3] (മലയാളം) é unha lingua falada na India polo pobo malaiali, que habita no estado de Kerala. É unha das 22 linguas oficiais do país, e no 2013 foi designada lingua clásica da India.[4] O malayalam é a lingua oficial de Kerala e dos territorios de Lakshadweep e Puducherry. Pertence á familia de linguas dravídicas, e é falada aproximadamente por 33 millóns de persoas, segundo o censo de 2001. Tamén é falado nos estados veciños de Tamil Nadu e Karnataka; con maior presenza nos distritos de Nilgiris, Kanyakumari e Coimbatore no estado de Tamil Nadu, e nos distritos Dakshina Kannada e Kodagu de Karnataka.[5][6][7]

Malayalam
മലയാളം Malayāḷam
Pronuncia:[mɐləjaːɭəm]
Falado en:India
Total de falantes:37 700 000 (2007)[1]
Familia:Dravídica
 Dravídico do sur
  Tamil-kannada
   Tamil-malayalam
    Linguas malayalam
     Malayalam
Escrita: Malayalam, braille malayalam
Estatuto oficial
Lingua oficial de: India India
Códigos de lingua
ISO 639-1:ml
ISO 639-2:mal
ISO 639-3: mal
Mapa
Status

O malayalam está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

🔥 Top keywords: