Lingua tigriña

Lingua semítica falada en Etiopía e Eritrea

O tigriña[2] (ትግርኛ tigriñā) é unha lingua afroasiática pertencente á póla semítica da familia. É falada pola etnia tigriña do Corno de África. Os falantes de tigriña viven principalmente na rexión de Tigré do norte de Etiopía (65%), denominados tigray ("Tigrāwōt" -singular- e "Tegaru" -plural-), así como na fronteira contigua do sur de Eritrea (35%), onde os falantes coñécense como Tigriña. O tigriña tamén é falado por grupos de emigrantes procedentes desas rexións, coma Beta Israel.

Tigriña
ትግርኛ
Pronuncia:tɨɡrɨɲa
Falado en:Eritrea e Etiopía
Rexións: África oriental
Total de falantes:4,2 millóns en Etiopía (censo de 2007)
2,5 million in Eritrea (2006)
10.000 en Israel (1994)
Familia:Afroasiática
 Semítica
  Meridional
   Semíticas etiópicas
    Semíticas etiópicas setentrionais
     Tigriña
Escrita: Alfabeto tigriña (escrita ge'ez)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Eritrea Eritrea
Etiopía Etiopía Recoñecida como lingua minoritaria da rexión de Tigré
Códigos de lingua
ISO 639-1:ti
ISO 639-2:tir
ISO 639-3: tir
Mapa
Status

O tigriña está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O tigriña non debe confundirse coa relacionada lingua tigré. Esta outra lingua afroasiática é falada polo pobo tigré, que vive nas terras baixas de Eritrea.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

🔥 Top keywords: