Linguas bihari

As linguas bihari son o grupo occidental de linguas indoarias, faladas en Bihar, Uttar Pradesh e outros estados veciños da India. O angika, o awadhi, o bajjika, o bhojpuri, o magahi e o maithili tamén se falan no Nepal. A poboación de fala angika, awadhi, bajjika, bhojpuri, magahi e maithili forma máis do 21% da poboación nepalesa. Malia o importante número de falantes destas linguas, non teñen recoñecemento constitucional na India, agás o maithili, que acadou o status constitucional no 2003 .[1] Mesmo en Bihar, o hindi é empregado na educación e nos asuntos oficiais.[2] Estas políticas estatais e nacionais están a crear unhas condicións que ameazan ás linguas.[3] Despois da independencia, o hindi obtivo o seu status no estado a través da Acta da Lingua Oficial de Bihar, en 1950.[4]

Distribución das linguas bihari.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: