Linguas cananeas

subfamilia das lenguas semíticas

As Linguas cananeas son unha subfamilia das linguas semíticas, que foron faladas polos antigos pobos da rexión de Canaán, incluíndo cananeos, hebreos, fenicios, e eventualmente filisteos. Todas elas extinguíronse como linguas nativas ao principio do primeiro milenio da nosa era, aínda que o hebreo permaneceu no uso literario e relixioso entre os xudeus, e foi revivida como lingua habitual falada a fins do século XIX por Eliezer Ben-Yehuda. Os fenicios (e especialmente a expansión cartaxinesa) difundiron a súa lingua cananea cara ao Mediterráneo occidental durante un tempo, pero alí tamén desapareceu, aínda que parece ter sobrevivido algo máis que na Fenicia mesma.

As linguas cananeas

  • Linguas fenicias – extintas.
  • Filisteo (?) extinta (p. ex, o dialecto de Ekron).
  • Amonita – extinta.
  • Moabita – extinta.
  • Edomita – extinta.
  • Linguas hebreas.
    • Hebreo bíblico – litúrxica.
      • Hebreo samaritano – litúrxica.
      • Hebreo misnaico – litúrxica.
        • Hebreo tiberiano – litúrxica.
        • Hebreo mizrahi – litúrxica.
          • Hebreo iemenita – litúrxica.
        • Hebreo sefardita – litúrxica.
        • Hebreo ashkenazi – litúrxica.
        • Hebreo moderno - En uso en Israel.

Fontes das linguas cananeas

As principais fontes para o estudo das linguas cananeas son a Biblia hebrea (Tanakh), e inscricións tales como:

  • en moabita: a estela de Mesha, a estela de El-Kerak
  • en hebreo bíblico: o calendario de Gezer
  • en linguas fenicias: a inscrición de Ahiram, o sarcófago de Eshmunazar[1], a inscrición de Kilamuwa, a inscrición de Biblos
  • en púnico tardío: en Poenulus - de Plauto - ao comezo do quinto acto.

As inscricións cananeas extrabíblicas están recolleitas xunto coas arameas nas edicións do libro "Kanaanäische und Aramäische Inschriften", do cal poden ser referidas como KAI n (para un número n); por exemplo, a Estela de Mesha é "KAI 181".

Trazos das linguas cananeas

As linguas cananeas, xunto coas arameas e o ugarítico, forman o subgrupo das linguas semíticas noroccidentais. Algúns trazos distintivos do cananeo en relación co arameo son:

  • O prefixo 'h-' usado como artigo definido (mentres que o arameo ten un -a final). Isto parece ser unha innovación do cananeo.
  • O pronome de primeira persoa é 'ʼnk' (אנכ - anok(i)) (fronte ao arameo - ʼnʼ/ʼny) - que é similar ao acadio e ao antigo exipcio.

Ligazóns externas