Luis César Sampedro

Luis Ángel César Sampedro, nado en Vilagarcía de Arousa o 3 de maio de 1966, é un ex futbolista a actual adestrador de fútbol galego. Como futbolista xogaba de porteiro e desenvolveu case toda a súa carreira entre o Lalín e o Racing de Ferrol, onde se retirou despois de lograr un ascenso á Segunda División. A súa carreira de adestrador comezou xusto despois de rematar a de xogador, dirixindo durante varios anos o Racing de Ferrol. Posteriormente pasou por numerosos equipos como o Nàstic (co que ascendeu a Primeira División), o Albacete, o Lugo ou o Deportivo da Coruña. É o terceiro adestrador con máis partidos dirixidos na Segunda División (444), sendo só superado por Paco Herrera (458) e Roque Olsen (447).

Luis César Sampedro
Información persoal
NomeLuis Ángel César Sampedro
Nacemento3 de maio de 1966
Lugar de nacementoVilagarcía de Arousa
PosiciónPorteiro
Información de club
Club actualLugo (adestrador)
Carreira xuvenil
Tótem
Faxilde
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1984–1987Arousa
1987–1991Lalín89(0)
1991–2000Racing de Ferrol161(0)
Adestrador
2000–2004Racing de Ferrol
2004–2007Gimnàstic
2007–2008Poli Ejido
2009–2011Gimnàstic
2012Alcoyano
2013–2016Albacete
2016–2017Lugo
2017–2018Valladolid
2019Tenerife
2019Deportivo da Coruña
2021Lugo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Como xogador

Iniciouse na categoría infantil no Tótem FC, pasando en xuvenís ao Faxilde CF. En 1984 fichou polo Arousa SC, xogando dúas tempadas en Segunda B e unha en Terceira. En 1987 fichou polo CD Lalín. Logo de tres campañas en segunda B, descenderon a 3ª, volvendo ascender na tempada 1990-91. Despois doutro ano na comarca de Deza, fichou polo Racing de Ferrol, xogando 8 tempadas en segunda B. No ano 2000 ascendeu a segunda división, e pasou a converterse no adestrador.

Como adestrador

Racing de Ferrol

Iniciouse nos banquiños na tempada 2000–01, adestrando ao Racing de Ferrol no seu retorno á Segunda División, salvando a categoría durante tres campañas. Na tempada 2003–04 descenderon á Segunda División B, retornando á categoría de prata á campaña seguinte.

Gimnàstic de Tarragona

No verán de 2004 fichou polo Gimnàstic de Tarragona.[1] Tras lograr unha cómoda permanencia na primeira tempada (7º posto) deu a sorpresa na tempada 2005–06 logrando ascender o equipo á Primeira División 56 anos despois.[2] Despois de acadar tan só 5 puntos en 12 xornadas no seu debut en Primeira, foi destituído do cargo o 26 de novembro de 2006 logo de perder fronte ao RCD Mallorca (2–3).[3] O seu substituto foi Francisco Flores.

Polideportivo Ejido

Na tempada 2007–08 foi contratado polo Polideportivo Ejido en Segunda División, sendo substituído na xornada 21 por Fernando Castro Santos, cando o equipo ocupaba postos de descenso.[4] Ao remate da campaña, o Poli Ejido descendeu á Segunda División B.

Segunda etapa no Gimnàstic de Tarragona

Mediada a tempada 2009–10 foi contratado novamente polo Gimnàstic, que viña de cesar a César Ferrando na xornada 27.[5] No conxunto catalán permaneceu esa campaña (na que se evitou o descenso)[6] e parte da seguinte, na que foi deposto na xornada 15 cando o equipo ía último.[7] O seu substituto foi Juan Carlos Oliva, que logrou reconducir a situación e finalmente lograr a permanencia do Gimnàstic.

CD Alcoyano

O 21 de marzo de 2012, o adestrador galego foi contratado polo Club Deportivo Alcoyano para substituír a David Porras, tras a derrota dos valencianos contra o Deportivo da Coruña, e ao quedar nos postos de descenso. O arousano comezou unha nova aventura nas bancadas co obxectivo de manter ao equipo de Alcoi unha tempada máis na categoría de prata do fútbol español,[8] algo que finalmente non conseguiu.[9]

Albacete Balompié

O 19 de marzo de 2013 foi contratado polo Albacete Balompié até o remate da tempada, en substitución de Antonio Gómez Pérez.[10] Tras ser renovado, ao ano seguinte logrou ascender á Segunda División, despois de colleitar 82 puntos, igualando o récord da categoría e bater ao Sestao River nos "play-off".[11]

Na tempada 2014/15 acadou a permanencia na categoría de prata tras unha gran remontada do equipo no que logrou saír da última posición que ocupaba ao final da primeira volta.[12] Finalmente, foi destituído na tempada seguinte, o 12 de marzo de 2016, minutos despois de perder ante o Real Zaragoza, deixando ao equipo manchego no 20º lugar tras 29 xornadas de Liga.[13]

CD Lugo (1ª etapa)

O 17 de xuño de 2016 foi presentado como novo adestrador do Club Deportivo Lugo, substituíndo no banco a José Durán.[14] Levou ó equipo galego a completar a súa mellor tempada na categoría de prata, rematando noveno con 55 puntos. Non obstante, o 15 de xuño de 2017 decidiu non aceptar a oferta de renovación do club.[15]

Real Valladolid

O 23 de xuño de 2017 converteuse no novo adestrador do Real Valladolid.[16] Foi destituído o 14 de abril de 2018, coa escuadra castelá como 11ª clasificada ao final da 34ª xornada da Liga.[17]

Tenerife

O 13 de maio de 2019 anunciouse a súa fichaxe como adestrador do Club Deportivo Tenerife.[18] Dirixiu o equipo de Tenerife nos últimos 4 partidos da Liga, logrando a permanencia na segunda división, a pesar do cal non permaneceu no cargo.[19]

Deportivo da Coruña

O 7 de outubro de 2019 firmou polo Deportivo da Coruña até o remate da tempada 2019–20, en substitución de Juan Antonio Anquela.[20] Non conseguiu a vitoria en ningún dos dez primeiros partidos, alongando a mala xeira de Anquela até os 19 partidos sen gañar, a peor xeira da historia do club.[21] Finalmente venceu ao Tenerife en liga e ao Illueca en copa, mais foi destituído o 27 de decembro, sendo substituído por Fernando Vázquez.[22]

CD Lugo (2ª etapa)

O 3 de marzo de 2021 volveu ao Lugo, converténdose no terceiro adestrador da tempada, despois das destitucións de Juanfran e Mehdi Nafti.[23] A súa segunda etapa no equipo lucense durou só un mes e medio, pois foi tamén el foi destituído o 19 de abril despois de oito encontros, cun balance de tres empates e cinco derrotas.[24]

Clubs

Como adestrador

ClubPaísPeríodoPtsPGPEPP% v.
Racing de Ferrol España2000-200417663486535.8
Gimnàstic de Tarragona2004-200610343213941.75
Polideportivo Ejido2007-200822551222.73
Gimnàstic de Tarragona201031691619.35
Club Deportivo Alcoyano20121331923.08
Albacete Balompié2013-201613055334242.31
Club Deportivo Lugo2016-20174314131632.56
Real Valladolid2017-2018381691342.11
Club Deportivo Tenerife2019421150
Real Club Deportivo da Coruña20191224616.67
Club Deportivo Lugo202130350

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas