Músculo longo do pescozo
O músculo longo do pescozo ou colo atópase na superficie anterior da columna vertebral, entre o atlas e a terceira vértebra torácica. É amplo no centro, estreito e punxente nos extremos. Componse de tres partes:
- A parte oblicua superior xorde dos tubérculos anteriores das apófises transversas da terceira, cuarta e quinta vértebras cervicais e, ascendendo oblicuamente cunha inclinación medial, insírese mediante un tendón estreito ao tubérculo no arco anterior do atlas.
- A parte oblicua inferior, a parte máis pequena do músculo, xorde da parte frontal dos corpos das dúas ou tres primeiras vértebras torácicas, e, subindo oblicuamente nunha dirección lateral, insírese nos tubérculos anteriores das apófises transversas das vértebras cervicais quinta e sexta.
- A parte vertical, a continuación, dende a parte frontal dos corpos das tres vértebras torácicas superiores e tres inferiores, e insírese na parte frontal dos corpos da segunda, terceira e cuarta vértebra cervical.
Músculo longo do pescozo | |
---|---|
![]() | |
Os músculos vertebrais anteriores. O músculo longo do pescozo aparece etiquitado na centroesquerda e dereita. | |
Latín | Musculus longus colli |
Gray's | subject #113 394 |
Orixe | P. obl. sup., tubérculo anterior das transversas C3-C5. P. obl. inf., cara anterior dos corpos D1-D3. P. vertical, cara anterior dos corpos C4-C7 e D1-D3. |
Inserción | P. obl. sup., tubérculo do arco anterior do atlas. P. obl. inf., tubérculo anterior das ap. transverses de C5-C6 P. vertical, parte anterior dos corpos de C2-C4. |
Vascularización | Arterias farínxeas ascendente e vertebral |
Innervación | Ramas ventrais dos nervios C1-C4 |
Accións | Flexiona o pescozo e rota lixeiramente a columna cervical. |
Importancia clínica
Lesiónase con frecuencia nos lategazos cervicais extremo posteriores, xeralmente como resultado dun accidente de coche.
Este músculo atópase en fronte da columna vertebral e algúns científicos cren que pode facer que algúns pacientes teñan un lategazo pola falla anormal de curvatura no colo.
Imaxes
Imaxes de diseccións onde aparece o músculo longo do pescozo.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).
Ligazóns externas
- PTCentral
- Spinal injury database
- 946536507 no GPnotebookArquivado 27 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
- LUC lncl
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial