Macedonia do Norte no Festival de Eurovisión

A República de Macedonia participou no Festival da Canción de Eurovisión como país dende o Festival de Eurovisión 1998. O mellor resultado que tivo até agora foi o 12º lugar na final do Festival de Eurovisión 2006. Macedonia, xunto a Montenegro, é a única antiga nación iugoslava que non terminou nunca dentro das 10 mellores en Eurovisión.

República de Macedonia

Estación membroMRT
Final nacionalSkopje Fest
Aparicións14 anos como estado independente, antigamente como Iugoslavia.
Primeira aparición1998
Mellor resultado
Final12º 2006
Semifinal9º 2005
2007
2012
Peor resultado
Final19º 1998
19º 2002
Semifinal16º 2011
16º 2013
Ligazóns externas
Sitio Web
Páxina de República de Macedonia en Eurovision.tv

Antes de ser un estado propio, como parte de Iugoslavia, a RS Macedonia competía na Jugovizija, a preselección nacional iugoslava. Despois da desintegración de Iugoslavia, os países que obtiveron a súa independencia buscaron participar no Festival de Eurovisión como entidades independentes. Macedonia estaba lista para participar no 1993 con Maja Odzaklievska e a canción Ne me dopiraj. Con todo, retirouse antes do festival por razóns que non se fixeron públicas.

Macedonia logra clasificarse na final do festival na edición de Festival de Eurovisión 1998 co tema Ne zori, zoro ("Que non amenza"), cantado por Vlado Janevski, logrando o 19º lugar con 16 puntos. Este tema marca un hito na historia recente do Festival de Eurovisión ao ser a última canción participante en ser interpretada cunha orquestra en vivo, tras a eliminación ao ano seguinte.

O festival de música pop Skopje Fest úsase como preselección nacional. Amos espectáculos son sempre cubertos pola Makedonska Radio Televizija.

Participantes

AnoSedeArtistaTítuloFinalPtsSemi-finalPts
2015 VienaDaniel Kajmakoski"Lisja Esenski"----
2014 CopenhaguenTijana Dapčević"To the sky" 1333
2013 MalmöVlatko Lozanoski e Esma Redžepova"Pred da se razdeni" (Пред да се раздени) 1628
2012 BakúKaliopi"Crno i belo" (црно и бело)1371953
2011 DüsseldorfVlatko Ilievski"Rusinka" (Русинкa) 1636
2010 OsloGjoko Taneski"Jas ja imam silata" (Јас ја имам силата) 1537
2009 MoscovaNext time"Nesto sto ke ostane" (Нешто што ќе остане) 1045
2008 BelgradoTamara, Vrčak e Adrian"Let me love you" 1064
2007 HelsinquiKarolina Gočeva"Mojot svet" (Мојот Свет)1473997
2006 AtenasElena Risteska"Ninanajna"12561076
2005 KíivMartin Vučić"Make my day"1752997
2004 IstambulToše Proeski †"Life"14441071
2003 RigaNon participou
2002 TallinKarolina Gočeva"Od nas zavisi" (Од Нас Зависи)1925
2001 CopenhaguenNon participou
2000 EstocolmoXXL"100% Te ljubam" (Сто посто те љубам)1529
1999 XerusalénNon participou
1998 BirminghamVlado Janevski"Ne zori, Zoro" (Не зори, Зоро)1916
  • No ano 2006, a República de Macedonia e Croacia empataron con 56 puntos. No caso de empate posiciónase no posto máis alto o país que haxa sido votado por máis países, neste caso caso Croacia recibiu votos de 8 países e a República de Macedonia recibiu votos de 9 países. Finalmente Croacia quedou de 13º e a República de Macedonia 12º.
  • No ano 2012, a República de Macedonia e a Romanía empataron con 71 puntos. Para desempatar, o posto máis alto pertence para o que recibe votos dun número maior de países. Romanía recibiu de 14, e Macedonia de 12, polo tanto a Romanía ocupou a 12º posición, e Macedonia a 13º, aínda que a República de Macedonia recibise un maior número de 12 puntos (dous, frete a un de Romanía).

12 puntos

Semi-final

AnoPaís
2004 Albania
2005 Croacia
2006 Albania
2007 Serbia
2008 Albania
2009 Turquía
2010 Albania
2011 Bosnia e Hercegovina
2012 Serbia
2013 Malta
2014 Malta

Final

AnoPaís
1998 Croacia
1999Non participou
2000 Romanía
2001Non participou
2002 Romanía
2003Non participou
2004 Albania
2005 Albania
2006 Bosnia e Hercegovina
2007 Serbia
2008 Albania
2009 Turquía
2010 Albania
2011 Bosnia e Hercegovina
2012 Albania
2013 Dinamarca
2014 Montenegro

Ligazóns externas