Macromedia FreeHand

Macromedia FreeHand é un Programa informático de Macromedia de edición de gráficos vectoriais bidimensionais orientados ao mercado profesional do deseño gráfico. É unha aplicación flexíbel, bastante usada ademais en diagramación (paxinación). Posúe capacidades avanzadas de manipulación de imaxes vectoriais e, de forma limitada, en imaxes raster, para impresión e para a World Wide Web. É utilizado en produción para a Web pola súa grande integración cos outros programas da Macromedia, como o Macromedia Flash. Antes de ser cancelado o seu desenvolvemento, competía no mercado profesional cos programas Adobe Illustrator e CorelDraw. Co lanzamento do Adobe Creative Suite 3, o FreeHand foi oficialmente substituído por Adobe Illustrator.

Desenvolvemento

Orixinalmente, foi creado pola Altsys e licenciado á Aldus, que lanzou as versións 1 a 4. Cando Aldus se xuntou á Adobe, que comercializaba o Adobe Illustrator, a Adobe devolveu o FreeHand para a Altsys. Máis tarde, en 1995, a Altsys foi adquirida por Macromedia, que lanzou o FreeHand nas versións 5.0, 5.5 (soamente para Mac), 7, 8, 9, 10 e 11 (ou MX). En 2005 Adobe comprou a Macromedia.

Coa compra de Macromedia por Adobe, que produce un programa concorrente, o Adobe Illustrator, o futuro do FreeHand foi cuestionado máis unha vez. A empresa anunciou inicialmente, en maio de 2006, que planeaba continuar a ofrecer mantemento técnico e desenvolvemento para o FreeHand "baseado nas necesidades dos seus consumidores".[1] Porén, un ano despois, en 15 de maio de 2007, Adobe declarou que iría cancelar, de feito, o desenvolvemento e mantemento de programa.[2]

Actualmente, os usuarios rexistrados do FreeHand MX poden comprar unha actualización para o Adobe Illustrator CS3. Mentres algúns usuarios do programa están enviando súas reclamacións á Adobe, esperando ver a continuidade do apoio e desenvolvemento de FreeHand,[3] a empresa decidiu fornecer ferramentas e guías para facilitar a transición para o Illustrator.

Oficialmente, o Macromedia FreeHand MX non admite Windows Vista. Porén, algúns usuarios relataran que o programa roda sen moitos problemas no sistema operativo da Microsoft.

Historia de lanzamentos

versióndata de lanzamentoempresaplataformaalteracions significativas
1.01988AldusMac OS
1.21988AldusMac OS
2.01988AldusMac OS, NeXT (Virtuoso 1.0)
2.021988AldusMac OS, NeXT (Virtuoso 2.0)
3.01991AldusMac OS, Windows
3.11991AldusMac OS, Windows
4.01994AldusMac OS, Windows
5.01995MacromediaMac OS, Windows
5.51995MacromediaMac OS
6 (beta)(non foi lanzado)MacromediaMac OS, Windows
7.01996MacromediaMac OS, Windows
7.21996MacromediaMac OS, Windows
8.01998MacromediaMac OS, Windows
8.0.11998MacromediaMac OS, Windows
  • mellor compatibilidade ao exportar ficheiros para Flash
  • mellor compatibilidade ao importar ficheiros do Photoshop 5 e Illustrator 7
  • mellorado o suporte a imaxes importadas (linked images)
9.02000MacromediaMac OS, Windows
10.02001MacromediaMac OS, Windows
  • primeira versión nativa para o Mac OSX (carbon)
  • páxinas-mestras (Master Pages)
  • arquivos do freehand comprimidos automaticamente coa extensión ".fh10", sendo así menores do que ficheiros coa extensión ".fh9" ou anteriores
10.0.110 de setembro de 2003MacromediaMac OS, Windows
11.0 (MX)2003MacromediaMac OS, Windows
  • ferramenta de extrusión (Extrude)
  • ferramenta de gráficos (Chart)
11.0.1 (MXa)2003MacromediaMac OS, Windows
  • corrección de varios erros (bugs)
11.0.2 (MX)25 de febreiro de 2004MacromediaMac OS, Windows
  • corrección de varios erros(bugs)

Véxase tamén

Notas

Ligazóns externas