Madden NFL 19

Madden NFL 19 é un videoxogo deportivo de fútbol americano baseado na National Football League (NFL), desenvolvido e publicado por EA Sports. Pertencente á serie Madden NFL, o xogo publicouse o 10 de agosto de 2018 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. Obtivo unha recepción xeralmente favorable por parte da crítica, que eloxiou as actualizacións desta versión nas mécanicas de carreira e recepción.

Madden NFL 19
Desenvolvedor(es)EA Tiburon
Distribuidora(s)EA Sports
Director(es)Mike Young[1]
Produtor(es)Ben Haumiller[2]
Compositor(es)John Debney
MotorFrostbite 3
Lanzamento10 de agosto de 2018
XéneroDeportes
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Plataforma(s)Microsoft Windows
PlayStation 4
Xbox One
SerieMadden NFL
Na rede
https://www.easports.com/madden-nfl
editar datos en Wikidata ]

Mecánica de xogo

O xogo inclúe movementos realistas, permitindo que os xogadores empureen ós bloqueadores para gañar máis iardas durante unha carreira ou que realizen fintas máis realistas tras unha recepción, ademais de incluír celebracións interactivas para os touchdowns.[3] No modo Ultimate Team introducíronse as partidas de tres contra tres en liña así como un modo de xogo de "batallas individuais", un sistema de recompensas baseado nunha clasifcación dos xogadores segundo o seu desempeño en desafíos dun só xogador.[4] O xogo inclué unha continuación de Longshot, o modo dun xogador que segue unha historia particular iniciado en Madden NFL 18.[5]

Música

A banda sonora do xogo inclúe máis de 30 temas, incluíndo cancións de artistas como Migos, Pusha T, Post Malone, Cardi B, Nicki Minaj, 2 Chainz e Lil Yachty, xunto con temas orixinais de John Debney. EA anunciou que engadiría máis temas ó xogo durante o curso da tempada 2018 da NFL.[6]

Lanzamento

O xogo publicouse o 10 de agosto de 2018 para PlayStation 4, Xbox One e Microsoft Windows, sendo a primeira edición da serie publicada para Windows dende Madden NFL 08 no ano 2007.[7][8] A edición estándar do xogo inclúe a Antonio Brown dos Pittsburgh Steelers.[9] O 7 de agosto publicouse unha edición "Hall of Fame" para os subscritores do programa EA Access.[10]

Recepción

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
Metacritic(XONE) 83/100[11]
(PS4) 81/100[12]
(PC) 82/100[13]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
EGM7/10[14]
Game Informer8/10[15]
GameSpot8/10[16]
GamesRadar+ [17]
IGN8.9/10[18]
PC Gamer (US)75/100[19]

Madden NFL 19 recibiu críticas "xeralmente favorables" segundo o agregador Metacritic.[11][12][13]

Controversias

En maio de 2018 anunciouse que Terrell Owens estaría na portada da edición "Hall of Fame". Owens represéntase cun uniforme dos Dallas Cowboys, algo cuestionado por algúns críticos xa que Owens foi seleccionado no Draft e xogou durante oito tempadas cos San Francisco 49ers, en comparación coas tres tempadas que xogou cos Cowboys.[1][3]

Antes do seu lanzamento, o xogo recibiu críticas por censurar o nome do quarterback Colin Kaepernick na canción "Big Bank", incluída na banda sonora do xogo.[20] EA respondeu ás críticas que xerou isto afirmando que fora un erro por parte do seu equipo por cuestións de dereitos.[21] Antes da publicación do xogo EA restaurou o seu nome na canción incluída no xogo.[22]

Notas

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.