Manuel Xosé Neira
escritor galego
Manuel Xosé Neira López, nado en Meilán (Lugo) o 29 de xaneiro de 1964, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1964 (60 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , filólogo |
Lingua | Lingua galega |
Premios
| |
Traxectoria
Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en revistas e xornais como Dorna, Grial, Coordenadas, Clave Orión, Táboa Redonda de El Progreso, La Voz de Galicia ou Faro das Letras en Faro de Vigo.
En 2010 colaboraba en Guía dos libros novos de Noroeste Edicións e no Boletín Galego de Literatura.
Obra
Poesía
- O mar perdido (1990, Galaxia).
- Abandono da noite (1993, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
- Templo (2001, Galaxia).
Obras colectivas
- Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
- Para saír do século. Nova proposta poética (1997, Xerais).
- Poemas e contos da muralla (2001, A Nosa Terra).
- Ofrenda a Palestina.
Premios
- Premio Rozas de Xornalismo no 1987.
- Premio Xosé María Chao Ledo no 1991.
- Gañador do XII Premio Esquío de poesía no 1992, por Abandono da noite.
Véxase tamén
Bibliografía
- "Neira López, Manuel Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 18.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 293. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 400–401. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
- Ficha do autor en Galegos.
- Ficha do autor Arquivado 23 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. en Galaxia.
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial