Mar Xónico

parte do Mar Mediterráneo

O Mar Xónico (grego: Ιόνιο Πέλαγος, Iónio Pélagos, italiano: Mar Ionio, albanés Deti Ion) é unha baía alongada do mar Mediterráneo, ao sur do Mar Adriático. Está limitado a oeste pola Italia meridional, incluíndo a Calabria e máis Sicilia, e a leste polo sur de Albania e polo noroeste de Grecia, en especial as Illas Xónicas.

Mar Xónico
Mar Ionio - Deti Ion - Ιóνιo Πελαγoς
Localización administrativa
EstadoItalia Italia
Albania
Grecia Grecia
DivisiónRexións de Sicilia, Calabria e Puglia (ITA)
Condado de Vlorë (ALB)
Periferias de illas Xónicas, Epiro, Grecia Occidental e Peloponeso (GRE)
Localización xeográfica
Océano / MarMar Mediterráneo
ContinenteEuropa
Illa/sSicilia
Xeografía
Mares contiguosMar Adriático, mar Tirreno
Illas interioresIllas Xónicas
AfluentesImera Meridionale (144 km), Simeto (113 km), Cratis (91 km), Sinni (94 km), Agri (136 km), Basento (149 km), Bradano (120 km) (ITA)
Aspropótamos (217 km) e Alfeo (110 km) (GRE)
Cidades ribeiregasSiracusa, Catania, Taormina, Regio de Calabria, Crotona, Tarento e Gallípoli (ITA)
Saranda (ALB)
Parga, Préveza, Antiguo Paleros, Ástaco, Fiskardo, Keri e Methoni (GRE)
Accidentes
Golfos e baíasGolfos de Noto, Catania, Squillace e Tarento (ITA)
Arta, Patras (que conecta c golfo de Corinto), Ciparisia, Mesenia e de Laconia
EstreitosCanal de Otranto e estreitos de Corfú (Adriático) e estreito de Mesina (Tirreno)
Características
Profundiade máxima5267
Áreas protexidas
Mapa

Localización do mar na Europa sur

Vista satélite

Todas as illas principais no mar pertencen a Grecia. Son denominadas colectivamente as Illas Xónicas, as principais son Corfú, Cefalonia, Zakynthos, Lefkada e Ítaca.Hai rutas de transbordadores entre Patras e Igoumenitsa en Grecia e Brindisi e Ancona en Italia, que cruzan o leste e norte do mar Xónico e desde O Pireo cara ao oeste. A fosa Calypso, o punto máis profundo do Mediterráneo con 5.267 m. de profundidade, está situado no Mar Xónico, en 36°34′N 21°8′L / 36.567, -21.133.[1][2] O mar é unha das áreas máis sismicamente activas do mundo.

Etimoloxía

Límites do mar Xónico. As liñas vermellas definen os bordos I.H.O.

O nome "Ionian" provén do idioma grego Ἰόνιον (πέλαγος). A súa etimoloxía é descoñecida.[3] Antigos escritores gregos, especialmente Esquilo, ligárono co mito de Io. No grego antigo, o adxectivo "Ionios" ( Ἰόνιος) usouse como un epíteto para o mar porque Io nadou a través del.[4][5][6] De acordo co "Oxford Classical Dictionary", o nome pode derivarse dos Ionians que navegaron cara ao oeste.[7] Tamén había relatos sobre outras figuras epónimas lendarias,[8] segundo unha versión, Ionius era fillo de Adrias (epónimo para o Mar Adriático). Segundo outra, "Ionius" era un fillo de Dyrrhachus.[9] Cando Dyrrhachus foi atacado polos seus propios irmáns, Hércules, que estaba pasando pola zona, acudiu na súa axuda, pero na loita o heroe matou o fillo do seu aliado por erro. O corpo foi botado á auga, e posteriormente chamouse Mar Xónico.[9]

Xeografía

O mar Xónico separa a península italiana e Sicilia a oeste de Albania e de Grecia ao leste. Xúntase ao mar Tirreno polo Estreito de Messina e ao mar Adriático polo canal de Otrante.

Deu o seu nome ás Illas Xónicas, arquipélago ao largo de Albania do Sur e de Grecia. Engloba o golfo de Tarento na Italia do Sur.

Extensión

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Xónico como segue:[10]

No norte. Unha liña que vai desde a desembocadura do río Butrinto (39° 44'N) en Albania, ata o cabo Karagol en Corfú (39° 45'N), ao longo da costa norte de Corfú ao cabo Kephali (39° 45'N) e desde alí ao Cabo Santa Maria di Leuca en Italia.
No leste. Desde a desembocadura do río Butrinto en Albania baixando á costa do continente ata o Cabo Matapan.
No sur. Unha liña desde Cabo Matapan ata Cabo Passero, o punto sur de Sicilia.
Occidente. A costa leste de Sicilia e a costa sueste de Italia ao cabo Santa Maria di Leuca.

Lugares

Gjipe no sur de Albania onde o Mar Adriático atopa o mar Xónico
O mar Xónico, vista desde a illa Lefkada, Grecia

De sur a norte no oeste, entón de norte a sur no leste:

  • Siracusa, porto, W
  • Catania, porto, W
  • Messina, porto, W
  • Taranto, porto N
  • Himara, pequeno porto, NE
  • Saranda, porto e unha praia, NE
  • Kerkyra, porot, E
  • Igoumenitsa, porto, E
  • Parga, small porto, E
  • Preveza, porto, E
  • Astakos, porto, E
  • Argostoli, porto, E
  • Patra, porto, E
  • Kyparissia, porto, E
  • Pylos, porto, E
  • Methoni, pequeno porto e unha praia
  • Illas Xónicas

Golfos e estreitos

  • Estreito de Messina, W
  • Golfo de Catania, W
  • Golfo de Augusta, W
  • Golfo de Taranto, NW
  • Golfo de Squillace, NW
  • Golfo de Arta, E
  • Golfo de Patras, conectado ao Golfo de Corintio, ESE
  • Golfo de Kyparissia, SE
  • Golfo de Messenia, SE
  • Golfo de Laconia, ESE

Illas

Historia

Na Antigüidade, os colonos gregos pasaban polo mar Xónico de camiño da Magna Grecia (a península italiana).

Era o principal mar onde se comerciaba entre Grecia e Antiga Roma na antigüidade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: