Martiño Rivas

actor galego

Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985,[1] é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas[2]. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.

Infotaula de personaMartiño Rivas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1985 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Vimianzo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , modelo , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Rivas Editar o valor em Wikidata
IrmánsSol Mariño Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2288618 Allocine: 246156
Twitter: martino_rivas Instagram: martino_rivas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel secundario, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasoles cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.

Vida persoal

Fillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.[4]

Mantivo unha relación coa actriz Irene Escolar[5].

En 2017 comezou unha relación con Kayoko Everhart, modelo e bailarina de orixe afroxaponesa da Compañía Nacional de Danza coa que tivo unha filla. [6]

Desde 2020 mantén unha relación coa modelo francesa Lily Fofana, é filla do exfutbolista marfileño Youssouf Falikou Fofana e a ex do YouTuber Sneako co que rompeu en 2020.

Martiño decidiu castelanizar o seu nome por Martín porque non o entendían en Madrid.[2]

Filmografía

Filmes
AnoTítuloPapelNotas
2008Os xirasoles cegosLaloDrama dirixido por José Luis Cuerda
2013Gente en sitiosMartiñoComedia dirixida por Juan Cavestany
2013Tres bodas de másDaniComedia romántica dirixida por Javier Ruiz Caldera
2014Por un puñado de besosDaniDrama romántico dirixido por David Menkes
Televisión
AnoTítuloPapelNotas
1998-2000Mareas vivasDani22 episodios
2006-2007SMSMoisés5 episodios
2006-2008Maridos e mulleresDavid21 episodios
2007-2010El internadoMarcos Novoa Pazos71 episodios
2012-2013El don de AlbaPablo Escudero13 episodios
2014Romeo and JulietRomeoMiniserie
2016Web TherapyMario González2 episodios
2017Sé quien eresMarc Castro16 episodios
2017-2020Las chicas del cableCarlos Cifuentes37 episodios
2022Fuerza de pazIgnacio Moreno
2023Nacho Vidal, una industria XXLNacho Vidal

Curtametraxes

  • Puzzle (2004). Curtametraxe gravada en Santiago de Compostela.
  • Atopeite (2006). Dirixida por Susana Pérez.
  • Universos (2009). Dirixida por José Corbacho e Juan Cruz. Como Álex.

Obras de teatro

  • Drácula (2007) de Bram Stoker. Dirixida por Eduardo Bazo e Jorge de Juan e protagonizada por Emilio Gutiérrez Caba e Ramón Langa, entre outros. Como Jonathan Harker.
  • La Monja Alférez (2013) de Domingo Miras. Dirixida por Juan Carlos Rubio. Centro Dramático Nacional.
  • Cuestión de altura (2014) de Sandra García Nieto. Dirixida por Rubén Cano. Como Rubén. Teatro Español
  • Jauría (2019-2021) de Jordi Casanovas. Dirixida por Miguel del Arco. Como Antonio Guerrero. Teatro Kamikaze y Gira.

Premios e nomeamentos

Premios Goya
AnoCategoríaFilmeResultado
2008Mellor actor revelaciónOs xirasoles cegosNomeado
Festival de cine e telivisión Islantilla
AnoCategoríaFilmeResultado
2009Camaleón de honra (premio revelación)El internadoGañador
Premios Vieira de Prata
AnoCategoríaFilmeResultado
2008Mellor actor revelaciónEl internadoGañador
Premios EP3
AnoCategoríaFilmeResultado
2008Mellor actor revelaciónOs xirasoles cegosGañador

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: