Mia Khalifa

Mia Khalifa (en árabe: ميا خليفة), nada en Beirut o 10 de febreiro de 1993, é unha celebridade de Internet[1], comentarista deportiva, e modelo de cámara web[2] libanesa-norteamericana. Foi actriz pornográfica de 2014 a 2015[3].

Infotaula de personaMia Khalifa
Nome orixinal(ar) ميا كاليستا
(ar) ميا خليفة Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sarah Joe Chamoun Editar o valor em Wikidata
10 de febreiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Beirut (Líbano) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMia Khalifa Editar o valor em Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América (2001–)
Líbano (–2001) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (2001–)
Líbano Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoLebanese Americans (en) Traducir, Árabes e Cristãos árabes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo, cristianismo e Cristãos árabes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Texas en El Paso - grao en Artes
Massanutten Military Academy (en) Traducir
Universidade do Texas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura158 cm Editar o valor em Wikidata
Peso55 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz porno (2014–2015), celebridade de Internet , modelo erótica , modelo de webcam (pt) Traducir , creadora de contido dixital , activista política , traballador sexual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor em Wikidata - 2019 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, árabe, Árabe libanês (pt) Traducir, inglés estadounidense, lingua francesa e Árabe levantino Editar o valor em Wikidata
Participou en
31 de marzo de 1997HARDtalk (en) Traducir
Oxford Union (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaJhay Cortez (2021–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webmiakhalifa.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm7060064 Rottentomatoes: celebrity/mia_khalifa
Facebook: miakhalifa Twitter: miakhalifa Instagram: miakhalifa Snapchat: thedcsportsgirl Youtube: UCZditekzWG-XNa4Utxzl_oA TikTok: miakhalifa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Mia naceu no seo dunha familia católica[4] e estudou nunha escola privada francesa en Beirut, e alí aprendeu a falar inglés[4]. En xaneiro de 2001 toda a súa familia trasladouse aos Estados Unidos[4][5], ao deixar o seu fogar tras a finalización do conflito do sur do Líbano (1985–2000)[4], e aveciñouse no condado de Montgomery en Maryland. Estudou na Nortwest High School [1] de Germantown e logo graduouse en historia pola Universidade de Texas en El Paso[6]. Durante os seus anos universitarios traballou como camareira, fixo nalgunha ocasión de modelo e tamén apareceu como auxiliar nun concurso dunha televisión local[4]. En decembro de 2013 instalouse en Miami e empezou a traballar como modelo para espidos[4].

Khalifa entrou na industria pornográfica cinematográfica en outubro de 2014[7], tras captala rúa un axente[8]. Fíxose amplamente coñecida tras lanzar BangBros un vídeo en novembro de 2014 no que leva un hijab durante un trío[4], a popularidade chegoulle, así, de súpeto, mais tamén a crítica por parte de comentaristas e figuras relixiosas[4], e parte da poboación do Líbano e do Oriente Medio sentindo a súa actuación como unha aldraxe por intentar explotar a súa orixe[9]. Con máis de millón e medio de visitas, Khalifa converteuse na máis buscada en Pornhub[10][11].

Despois de chegar ao número 1 de Pornhub recibiu ameazas de morte por Internet[12]. Os xornais libaneses publicaron artigos críticos en Khalifa, que ela considerou artigos triviais por consideralo de pouca importancia comparado coa grave situación que vivía a rexión[13]. Nunha entrevista a The Washington Post Khalifa afirmou que a controvertida escena fora satírica e así había que tomala e asegurou que os filmes de Hollywood retratan os musulmáns de forma ben máis negativa que calquera pornógrafo podería facer[12].

Segundo datos subministrados por Pornhub, entre o 3 e o 6 de xaneiro de 2015, as buscas de Khalifa multiplicáronse por cinco, e arredor dun cuarto desas procuras viñan do Líbano, e outra parte importante do veciños Siria e Xordania[14]. Por toda a controversia relacionada co hijab, apareceu no número cinco da lista das 10 estrelas porno máis famosas do mundo realizado en xullo de 2016 pola revista Loaded[15].

En xaneiro de 2015 Khalifa asinou un contrato de permanencia con Bang Bros que a obrigaba a actuar en varios filmes cada mes. Non obstante, dúas semanas despois decidiu deixar a industria pornográfica[4]. Así e todo, en xaneiro de 2017 xHamster anunciou que Khalifa fora a actriz porno máis buscada de 2016.[16][17] e en 2018 tres anos despois de deixar a industria, aínda era a segunda persoa máis buscada de Pornhub[18]. En agusto de 2019 revelou que só ingresara 12000 dólares polo seu traballo no porno[19] e nunca recibira regalías de Pornhub ou de calquera outro sitio[20].

Despois de deixar o porno, Khalifa traballou en Miami como axudante de avogado e contadora[4] antes de se converter nunha personalidade das redes sociais, mantén a súa propia canle en YouTube; emisións en directo en Twitch e efectúa traballos como modelo de cámara web. Con Gilbert Arenas presentou Out of Bounds, un programa diario de deportes na canle Complex News de YouTube entre outubro de 2017 e febreiro de 2018[21]. Tamén foi a presentadora a canda Tyler Coe de SportsBall entre o 16 de xullo e o 30 de outubro de 2018 en RoosterTeeth[22].

Notas

🔥 Top keywords: