Michigan State Spartans

Michigan State Spartans
DivisiónDivisión I da NCAA
Subdivisión no fútbol americanoFootball Bowl Subdivision (FBS)
ConferenciaBig Ten Conference e
Central Collegiate Hockey Association
AlcumeSpartans
MascotaSparty
Estadio de fútbol americanoSpartan Stadium
(75.005 espectadores)
Pavillón de baloncestoBreslin Student Events Center
(14.992 espectadores)

Os Michigan State Spartans son o equipo deportivo da Universidade Estatal de Míchigan. Os equipos dos Spartans participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Big Ten Conference e da Central Collegiate Hockey Association. O programa deportivo da universidade conta con 22 deportes diferentes.

O equipo de fútbol americano, de gran tradición en Míchigan, formouse en 1884 e gañou o título nacional en 1951, 1955, 1957 e 1966. O equipo de baloncesto tamén ten a súa historia, iniciada co gran Magic Johnson na mítica final da NCAA ante Indiana State de Larry Bird. En 2000 tamén se alzaron co título. O 13 de decembro de 2003, Michigan State e Kentucky xogaron o partido con máis espectadores na historia do baloncesto, 78.129 no Ford Field, un estadio de Detroit. Kentucky gañou 79-74. No hockei sobre xeo tamén se bateu ese récord, con 74.554 espectadores no ano 2001.

Ligazóns externas