Miguel Anxo Murado García

biólogo galego


Miguel Anxo Murado García, nado en Lugo o 1 de maio 1945,[1][2] é un biólogo galego.

Infotaula de personaMiguel Anxo Murado García
Biografía
Nacemento1 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3789500

Traxectoria

Fillo de José Antonio Murado López e Ángela García Ouro e neto de Manuel García Blanco. En 1972, fixo o doutoramente en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid[2] cunha tese sobre a degradación de insecticidas no chan.

Traballou como profesor do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de investigación do CSIC en Madrid.

Pouco despois de 1978, retorna a Vigo para traballar no Instituto de Investigacións Mariñas.[3] Este organismo, creado en 1951, como un laboratorio costeiro dependía do Instituto de Investigaciones Pesqueras de Barcelona, pero en 1978, se independiza e adopta o mesmo nome[4] e foi o seu director entre 1983 e 1987. En 1986, baixo o seu mandato, mudou ó nome actual de Instituto de Investigacións Mariñas, do cal foi o seu vicedirector de 1990 a 1994.[2]

E membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas e os seus artigos adoitan ser citados en Science Citation Index (SCI).[2]

Obras

Obras colectivas

  • Contaminación del medio por plaguicidas organoclorados. X, 1977.
  • Ecología y política en España, 1978.

Vida persoal

Casou con Blanca Nieves Lorenzo Royo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía