Monster Hunter (filme)

filme de 2020 dirixido por Paul W. S. Anderson

Monster Hunter é un filme de 2020 producido, escrito e dirixido por Paul W. S. Anderson. Baséase na serie de videoxogos Monster Hunter de Capcom. Está protagonizado por Milla Jovovich, na súa quinta colaboración con Anderson como director e ela como actriz principal. Os outros membros do elenco son Tony Jaa, Tip Harris, Meagan Good, Diego Boneta, Josh Helman, Jin Au-Yeung e Ron Perlman. O filme conta a historia de Artemis (Jovovich) e os seus leais soldados que son transportados a un novo mundo, onde deben loitar unha batalla pola supervivencia contra enormes monstros con poderes incribles.

Monster Hunter
Ficha técnica
Título orixinalMonster Hunter
DirectorPaul W. S. Anderson
Produtor
  • Jeremy Bolt
  • Paul W. S. Anderson
  • Dennis Berardi
  • Robert Kulzer
  • Martin Moszkowicz
GuiónPaul W. S. Anderson
Baseado enMonster Hunter de Capcom
Intérpretes
MúsicaPaul Haslinger
FotografíaGlen MacPherson
MontaxeDoobie White
Estudio
Distribuidora
  • Sony Pictures Releasing (a través de Screen Gems)[1]
    (Internacional)
  • Constantin Film Verleih
    (Alemaña)
  • Tencent Pictures/Huaxia Film Distribution
    (China)
  • Toho-Towa
    (Xapón)[2]
EstreaPaíses Baixos: 3 de decembro de 2020
Duración103 minutos
OrixeAlemaña Alemaña[1]
China[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos[1]
Xapón[1]
XéneroMonstros
Orzamento60 millóns de dólares[3]
Recadación44,5 millóns de dólares[4]
Na rede
https://www.monsterhunter.movie/
IMDB: tt6475714 Filmaffinity: 911583 Allocine: 212776 Rottentomatoes: m/monster_hunter Mojo: monsterhunter Allmovie: v720149 Metacritic: movie/monster-hunter
Facebook: monsterhuntermovie Twitter: monster_hunter Instagram: monsterhuntermovie Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Un equipo militar das Nacións Unidas cae nun portal a unha dimensión alterna onde os humanos loitan contra monstros xigantes. Os dous grupos traballan xuntos para defender o portal e evitar que os monstros o crucen e invadan a Terra.

Personaxes

  • Milla Jovovich como Natalie Artemis[5]
  • Tony Jaa como Hunter[6][7]
  • Ron Perlman como Almirante[3]
  • Tip "T.I." Harris como Lincoln[3]
  • Diego Boneta como Marshall
  • Meagan Good como Dash
  • Josh Helman como Steeler
  • Jin Au-Yeung como Axe
  • Hirona Yamazaki como Handler
  • Jannik Schümann como Aiden
  • Nanda Costa como Lea
  • Nic Rasenti como Capitán Roark
  • Aaron Beelner como Palico

Notas