Morcego de Natterer

especie de mamífero

O morcego de Natterer (Myotis nattereri) é un morcego europeo de pelame amarronado e ás dun ton máis claro. A súa cor é tamén marrón na membrana da á, pasando a ser branca no ventre. Pode atoparse na maior parte do continente, pero non hai moitos exemplares. A súa fórmula dentaria é .

Morcego de Natterer
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Chiroptera
Suborde:Microchiroptera
Familia:Vespertilionidae
Subfamilia:Myotinae
Xénero:Myotis
Especie:M. nattereri
Nome binomial
Myotis nattereri
(Kuhl, 1817)

Subespecies
  • M. nattereri subsp nattereri, Kuhl, (1817)
  • M. nattereri subsp tschuliensis, Kuzyakin, (1935)

Hábitat

Distribución europea

A distribución no Reino Unido do morcego pode atoparse no sitio web da National Biodiversity Network.[1]

No verán viven en árbores de folla caduca, en coníferas, ou en edificios próximos ás súas fontes de alimento.

Protección

Estes morcegos están protexidos baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza levou a que os bosques fosen considerados como Sitios de Interese Científico Especial ou Áreas Especiais de Conservación, e realizarase un plan para ampliar esta protección a nivel nacional.

Ecolocación

A frecuencia utilizada por esta especie de morcego vai entre 23–115 kHz, acadando picos de enerxía nos 53 kHz e cunha duración que promedia 3.8 ms.[2][3]

Recibiron o seu nome polo naturalista alemán Johann Natterer.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas