Mura
Mura é un concello da comarca de Bages, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Mura atópase no Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Comarca | Bages | ||||
Capital | Mura | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 228 (2023) (4,77 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 16 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 47,8 km² | ||||
Bañado por | riera de Mura | ||||
Altitude | 454 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Josep Canals Palau (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08279 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08139 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081398 | ||||
Páxina web | mura.cat |
Historia
A primeira noticia que se ten da súa existencia data do ano 978. Ao redor da igrexa de San Martiño, xa documentada o ano 1088 empezaron a levantarse as primeiras casas desta pintoresca vila que aínda hoxe en día conserva todo o seu encanto medieval.
Historicamente, o traballo no campo era a principal dedicación das súas xentes; especial importancia tivo o cultivo da vide, que a partir do século desprazou as formas máis tradicionais de agricultura. Esta era unha tarefa especialmente ardua dada as características montañosas do terreo, liquidadas en parte mediante a construción de lagares entre as viñas, os cales se utilizaban para a prensa e fermentación da uva. Xa entrado o século XIX, a filoxera acabou cos viñedos e provocou un importante descenso da poboación.
Outra tarefa importante, até mediados do século , foi a elaboración de carbón vexetal, até o momento en que a enerxía eléctrica determinou a súa desaparición.
Dende entón, as súas xentes dedicáronse a outra clase de traballos en consonancia cos novos tempos. Así, instalouse unha fábrica téxtil a comezos do século XX, a cal estivo en funcionamento até o ano 1964. Loxicamente, o peche desta tivo importantes consecuencias socioeconómicas na vida da vila, determinando a emigración da poboación cara ás cidades industriais ou cara a poboacións veciñas. Dende entón, a fisionomía de Mura foise transformando até converterse nunha vila con gran número de segundas residencias, sentando as bases para unha tradición turística en potencia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en catalán)