Mizozoos

(Redirección desde «Myzozoa»)

Os mizozoos (Myzozoa) son un grupo de microorganismos protozoarios pertencente aos Alveolata,[1][2] que se alimentan por medio de mizocitose (perforan a célula que depredan cun tubo e zugan o seu contido).

Os mizozoos son ás veces considerados un filo,[3] que contén os subfilos Dinozoa e Apicomplexa.[4]

O termo "Miozoa" (protalveolados, dinoflaxelados, esporozoos, apicomónadas) tamén se utiliza ás veces, pero foi substituído por "Myzozoa".[5]

A especie Perkinsus marinus e os Apicomplexa teñen histonas mentres que os dinoflaxelados parece que as perderon.[6]

Notas