Neurotransmisor monoamina

Os neurotransmisores monoaminas son compostos químicos que funcionan como neurotransmisores e neuromoduladores, que conteñen un grupo amino conectado a un anel aromático por medio dunha cadea de dous carbonos (como -CH2-CH2-). Exemplos son a dopamina, a norepinefrina e a serotonina.

Dopamina
Norepinefrina
Serotonina

Todas as monoaminas derivan de aminoácidos aromáticos como a fenilalanina, tirosina e triptófano pola acción de encimas aminoácido aromático descarboxilases. Son desactivadas no corpo polos encimas monoamino oxidases, que separan o grupo amino.

Sistemas monoaminérxicos, por exemplo as redes neuronais que usan neurotransmisores monoaminas, están implicados na regulación de procesos como a emoción, excitación e certos tipos memoria. Tamén desempeñan un importante papel na secreción e produción de neurotrofina-3 realizada polos astrocitos, un composto químico que mantén a integridade das neuronas e proporciona a estas soporte trófico.[1]

As drogas que incrementan ou reducen o efecto de neurotransmisores monoamina utilízanse para tratar pacientes con trastornos psiquiátricos e neurolóxicos, incluíndo a depresión, ansiedade, esquizofrenia e párkinson.[2]

Exemplos

Biosíntese de catecolaminas e aminas traza. As aminas traza fenetilaminérxicas e as catecolaminas son derivados da L-fenilalanina. Moléculas da 1ª columna (de arriba a abaixo): L-fenilalanina, L-tirosina, L-DOPA, epinefrina. Moléculas da 2ª columna: feniletilamina, p-tiramina, dopamina, norepinefrina. Moléculas da 3ª columna: N-metilfenetilamina, N-metiltiramina, p-octopamina, sinefrina, 3-metoxitiramina.

Monoaminas clásicas

Aminas traza

Entre as aminas traza humanas están as seguintes:

Existen unhas proteínas transportadoras específicas chamadas transportadores de monoaminas que transportan monoaminas cara a dentro e a fóra da célula. Son o transportador de dopamina (DAT), o transportador de serotonina (SERT) e o transportador de norepinefrina (NET), situados na membrana plasmática externa,[9][10] e os transportadores de monoaminas vesiculares (VMAT1 e VMAT2), situados en membranas intracelulares de vesículas.[11]

Despois da súa liberación na fenda sináptica, a acción dos neurotransmisores monoaminas acaba na recaptación no terminal presináptico.[10] Alí, poden ser reempaquetados en vesículas sinápticas ou degradados polo encima monoamino oxidase (MAO), que é a diana dos inhibidores da monoamina oxidase, un tipo de antidepresivos.[12]

Evolución

Árbore filoxenética que mostra como están relacionados entre si varios receptores de monoaminas.

Os sistemas de neurotransmisores monoaminas aparecen en virtualmente todos os vertebrados, nos cales a evolucionabilidade destes sistemas serviu para promover a adaptabilidade das especies de vertebrados a diferentes ambientes.[13][14]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas