Nocicepción

A nocicepción (tamén coñecida coma nociocepción ou nocipercepción) é o proceso neuronal polo que se codifican e procesan os estímulos potencialmente nocivos e daniños para os tecidos.[1] Trátase da actividade aferente producida no sistema nervioso periférico e central polos estímulos que teñen potencial para danaren os tecidos [2][3] Esta actividade é iniciada polos nociceptores, (tamén chamados receptores da dor), que poden detectar cambios térmicos, mecánicos ou químicos por enriba do limiar do sistema. Unha vez estimulado, un nociceptor transmite un sinal a través da medula espiñal ao cerebro.

A nocicepción activa diversas respostas autónomas que conducen á experiencia da dor nos seres vivos que teñen un sistema nervioso.[3]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

🔥 Top keywords: