O espía inglés

filme de 2020 dirixido por Dominic Cooke

O espía inglés[4] (en inglés: The Courier) é un filme británico-estadounidense de 2020 dirixido por Dominic Cooke. Está protagonizado por Benedict Cumberbatch no papel de Greville Wynne, un home de negocios británico que foi recrutado polos servizos de intelixencia para ser o contacto do espía soviético Oleg Penkovsky (interpretado por Merab Ninidze) na década de 1960. Rachel Brosnahan, Jessie Buckley e Angus Wright forman parte do elenco.

O espía inglés
Ficha técnica
Título orixinalThe Courier
DirectorDominic Cooke
Produtor
  • Adam Ackland
  • Ben Browning
  • Ben Pugh
  • Rory Aitken
GuiónTom O’Connor
Intérpretes
MúsicaAbel Korzeniowski
FotografíaSean Bobbitt
MontaxeTariq Anwar
Gareth C. Scales
Estudio
  • 42
  • FilmNation Entertainment
  • SunnyMarch
Distribuidora
  • Lionsgate (Reino Unido)[1]
  • Roadside Attractions (Estados Unidos)
EstreaSundance: 24 de xaneiro de 2020
Duración111 minutos[2]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroEspías
Recadación26 millóns de dólares[3]
Na rede
https://www.thecouriermovie.com
IMDB: tt8368512 Filmaffinity: 402922 Allocine: 264556 Rottentomatoes: m/the_courier Allmovie: v723693 Metacritic: movie/the-courier-2020 Editar o valor em Wikidata

O espía inglés estreouse internacionalmente co título Ironbark no Festival de Cineam de Sundance o 24 de xaneiro de 2020, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 19 de marzo de 2021. Polo xeral, recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Estreouse subtitulado en galego a través de Prime Video.[5]

Personaxes

  • Benedict Cumberbatch como Greville Wynne
  • Merab Ninidze como Oleg Penkovsky
  • Rachel Brosnahan como Helen Talbot, oficial da CIA
  • Jessie Buckley como Sheila, esposa de Greville
  • Angus Wright como Dickie Franks, oficial do MI6
  • Željko Ivanek como director da CIA John A. McCone
  • Kirill Pirogov como Oleg Gribanov, oficial da KGB
  • Anton Lesser como Bertrand
  • Maria Mironova como Vera, esposa de Oleg
  • Vladimir Chuprikov como Nikita Khrushchev

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas