Ofelia (lúa)

Ofelia é unha lúa de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 o 20 de xaneiro de 1986 e recibiu a designación temporal de S/1986 U 8.[7] Non volveu ser vista ata que foi recuperada polo Telescopio Espacial Hubble no 2003.[6][8] Ofelia recibiría máis tarde o nome da filla de Polonius, personaxe que aparece na obra de William Shakespeare, Hamlet. Tamén é coñecida coma Urano VII[9].

Ofelia
Ofelia
Imaxe do descubrimento de Ofelia (na parte superior da imaxe, por fora dos aneis)
Descubrimento
Descuberta porRichard J. Terrile / Voyager 2
Descuberta en20 de xaneiro de 1986
Características orbitais
Raio orbital medio53.763,390 ± 0,847 km[1]
Excentricidade0,00992 ± 0,000107[1]
Período orbital0,37640039 ± 0,00000357 d[1]
Inclinación0,10362 ± 0,055° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite deUrano
Características físicas
Dimensións54 × 38 × 38 km[2]
Raio medio21,4 ± 4 km[2][3][4]
Área superficial~6.600 km²[5]
Volume~41.000 km³[5]
Masa~5,3 x 1016 kg[5]
Densidade media1,3 g/cm3 (estimada)[3]
Gravidade superficial~0,0070 m/s2[5]
Velocidade de escape~0,018 km/s[5]
Período de rotaciónsincrónica[2]
Oblicuidade da eclípticacero[2]
Albedo0,08 ± 0,01[6]
0,07[3][4]
Temperatura superficial~64 K[5]

Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 21 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro. As imaxes da Voyager 2 amosan a Ofelia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Ofelia é de 0,7 ± 0,3[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal.

Ofelia actúa coma lúa pastor exterior do anel Epsilon.[10] A órbita de Ofelia está dentro do raio das órbitas sincrónicas de Urano, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias.[2]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas