Saltar ao contido

Opinións relixiosas de Adolf Hitler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adolf Hitler arredor de 1933; fotografía de Heinrich Hoffmann.

As opinións relixiosas de Adolf Hitler teñen sido materia de debate. Con base no rexeitamento dos principios do cristianismo na súa adolescencia e nos seus esforzos en reducir a independencia e a influencia do cristianismo en Alemaña ao chegar ao poder, os principais biógrafos estudosos conclúen en cualificalo como opoñente do cristianismo. O historiador Laurence Rees non atopa evidencia de que Hitler, na súa vida persoal, teña expresado alguna crenza persoal nos principios básicos da igrexa cristiá.[1][2][3][4][5][6][7][8] Os comentarios de Hitler aos seus confidentes, descritos nos Diarios de Goebbels, nas memorias de Albert Speer e nas transcricións das conversacións privadas de Hitler por Martin Bormann en Hitler's Table Talk, son evidencias da súa postura contraria ao cristianismo; estas fontes recollen varios comentarios privados nos que Hitler ridiculiza a doutrina cristiá como absurda e socialmente destrutiva.[9][10][11][12][13][14]

Hitler, tentando atraer as masas alemás durante a súa campaña política e o seu mandato, fixo ás veces declaracións en apoio da relixión e en contra do ateísmo. Nun discurso afirmaba que o ateísmo (concepto que vinculaba ao comunismo e ao "materialismo xudeu") fora "eliminado", e prohibiu a Liga Alemá de Librepensadores. Hitler foi fillo dunha nai católica practicante, e foi bautizado e confirmado na Igrexa católica. No seu libro Mein Kampf e en discursos públicos afirmou unha crenza no cristianismo. Hitler e o partido nazi promoveron o "cristianismo positivo", un movemento que rexeitaba as doutrinas máis tradicionais do cristianismo, como a divindade de Xesús, así como os elementos percibidos como xudeus como o Antigo Testamento. Hitler sostivo que continuaba a crer nunha deiade activa e, nun discurso público, declarou que tiña a Xesús en moita consideración como un "guerreiro ario" que loitara contra o xudaísmo.

Mentres que un pequeno número de escritores aceptan estas declaracións públicas como expresións xenuínas da súa espiritualidade, a ampla maioría considera que Hitler era xeralmente escéptico no referente á relixión, pero sabía que só podería ser escollido de finxir un compromiso co cristianismo e a crenza nel.

Porén, xa no cargo, Hitler e o seu réxime buscaron reducir a influencia do cristianismo na sociedade alemá. Dende mediados da década de 1930 o seu goberno comezou a estar dominado por anticristiáns militantes como Bormann, Goebbels, Himmler, Rosenberg e Heydrich, aos quen Hitler nomeou en postos clave. Estes radicais foron xeralmente consentidos ou alentados para levar a cabo as persecucións ás igrexas e organizacións cristiás. O réxime levou a cabo un esforzo para coordinar os protestantes alemáns nunha Igrexa Protestante do Reich unificada (ao que se resistiu a Igrexa Confesante) e actuou con rapidez para eliminar o catolicismo político. Hitler asinou un concordato coa Santa Sé, mais ignorouno de xeito rutineiro e permitiu as perseción á Igrexa católica. Outras minorías relixiosas sufriron maior represión, como o exterminio dos xudeus de Alemaña con base na ideoloxía racial nazi. As Testemuñas de Xehová foron perseguidas sen descanso por rexeitar tanto o servizo militar como a adhesión ao movemento nazi. Hitler anticipaba un colapso do cristianismo ante os avances científicos, e que o nazismo e a relixión non poderían coexistir a longo prazo. Aínda que disposto a atrasar o conflito por motivos políticos, os historiadores conclúen que en última instancia buscar a destrución do cristianismo en Alemaña, ou canto menos a súa distorsión ou subxugación a unha perspectiva acorde co nacionalsocialismo.

Notaseditar a fonte

Véxase taméneditar a fonte

Bibliografíaeditar a fonte

Ligazóns externaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial