Orbiting Solar Observatory

Orbiting Solar Observatory ou OSO foi unha serie de observatorios espaciais solares da NASA lanzados entre 1962 e 1969.[1][2]

OSO 5.

Características

Os satélites OSO eran observatorios espaciais adicados a estudar o Sol no rango do ultravioleta, os raios X e os raios gamma. Tamén estudou fontes galácticas nese rango de lonxitudes de onda.[1][2]

Os satélites estaban deseñados cun sistema de dobre xiro que permitía apuntar algúns instrumentos con precisión ao Sol mentres que outros podían estudar outros obxectos. Os observatorios OSO descubrieron os Buratos coroais, fixeron as primeiras observacións orbitais da Gegenschein e estudaron por primeira vez desde órbita a coroa solar e os campos magnéticos solares e a súa relación coa actividade solar.[1][2]

Construíronse oito satélites OSO, un dos cales (OSO B) foi destruído nunha explosión antes do lanzamento na que morreron varios técnicos. OSO C fallou en chegar a órbita debido a problemas no seu foguete lanzador, un Delta C.

Historial de lanzamentos

Misión[1][2]Data de lanzamento[1][2]Foguete lanzador[1][2]Notas[1][2]
OSO 17 de marzo de 1962DeltaÉxito
OSO BN/ADelta CDestruído antes do lanzamento.
OSO 23 de febreiro de 1965Delta CÉxito
OSO C25 de agosto de 1965Delta CFallo
OSO 38 de marzo de 1967Delta CÉxito
OSO 418 de outubro de 1967Delta CÉxito
OSO 522 de xaneiro de 1969Delta C1Éxito
OSO 69 de agosto de 1969Delta NÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos