Oskar Merikanto

músico finlandés

Frans Oskar Merikanto, nado en Helsinqui (Finlandia) o 5 de agosto de 1868 e finado en Oitti (Hausjärvi, Finlandia) o 17 de febreiro de 1924, foi un compositor, músico, director de orquestra e mestre finlandés. Merikanto tivo unha especial relevancia no desenvolvemento da música relixiosa e as representacións operísticas en Finlandia. Entre as súas composicións salientan as súas obras para piano, que lle proporcionaron gran popularidade, e as súas cancións.[1]

Oskar Merikanto
Oskar Merikanto a principios da década de 1900.
Nome completoFrans Oskar Mattsson
Nacemento5 de agosto de 1868
 Helsinqui
Falecemento17 de febreiro de 1924
 Oitti
Soterradocemiterio de Hietaniemi
NacionalidadeFinlandia
Educado enEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy
Instrumento(s)Órgano e piano
Parella/sLiisa Häyrysen
FillosAarre Merikanto
Na rede
IMDB: nm0580767 Rottentomatoes: celebrity/oskar_merikanto
Youtube: UCiHRMZ0LPO9GwzRw1XIl0Yg Spotify: 79AE2ZiBtN7Qbcbr5dGIwd iTunes: 30516494 Last fm: Oskar+Merikanto Musicbrainz: 572bc3e8-d9e5-4a87-b372-480851ec186f Discogs: 693593 IMSLP: Category:Merikanto,_Oskar Allmusic: mn0002168249 Deezer: 1641002 Genius: Oskar-merikanto Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

O pai de Oskar Merikanto, Frans Ferdinand Ala-Kanto, de Jalasjärvi (Ostrobotnia do Sur, que tiña o apelido sueco Mattsson cando se uniu ao exército Finlandés. En 1882 mudou o seu apelido por Merikanto, "meri" significa "mar" e fai referencia á súa viaxe dende Vaasa ata Helsinqui, mentres que "Kanto" fai referencia ás súas orixes na propiedade Kanto.[2]

En 1887 foi admitido para estudar no Conservatorio de Leipzig, onde se formou ata 1889 co apoio de Aurora Karamzin. Dende 1892 ata a súa morte exerceu como organista na igrexa de San Xoán de Helsinquii.[3][4]

Pianista e organista

Oskar Merikanto foi un salientado pianista e organista. Como pianista percorreu Finlandia dando concertos como acompañante de cantantes e instrumentistas, traballo no que era recoñecido non só pola súa calidade como instrumentista senón por apoiar ás persoas ás que acompañaba por todos os medios posibles.[5]

Notas