PWHL 2023–24

A tempada 2023–24 da PWHL é a primeira tempada da Professional Women's Hockey League. A liga comezou o 1 de xaneiro de 2024 e estivo integrada por seis equipos, tres do Canadá e outros tres dos Estados Unidos. A tempada finalizou coa disputa dos play-offs nun formato de semifinais e final ao mellor de cinco encontros entre os catro mellores equipos da liga regular para determinar o equipo campión.

PWHL 2023–24
PWHL 2023–24
LigaPWHL
DeporteHóckey sobre xeo
Duración1 de xaneiro de 2024 - 5 de maio de 2024
Asistencia total392 259
Liga regular
Anotador Natalie Spooner (Toronto)
Play-offs
PWHL
2024–25 →

Equipos

NomeCidadeEstadioCapacidadeDirector/a xeralAdestrador/aCapitá
PWHL BostonLowell, MATsongas Center6 003Danielle MarmerCourtney KesselHilary Knight
PWHL MinnesotaSaint Paul, MNXcel Energy Center17 954Natalie DarwitzKen KleeKendall Coyne Schofield
PWHL MontréalLaval, QCPlace Bell10 062Danièle SauvageauKori CheverieMarie-Philip Poulin
Montreal, QCVerdun Auditorium4 114
PWHL New YorkBridgeport, CTTotal Mortgage Arena8 412Pascal DaoustHowie DraperMicah Zandee-Hart
Elmont, NYUBS Arena17 255
PWHL OttawaOtava, ONTD Place Arena8 585Michael HirshfeldCarla MacLeodBrianne Jenner
PWHL TorontoToronto, ONMattamy Athletic Centre3 850Gina KingsburyTroy RyanBlayre Turnbull

Liga regular

Pos.EquipoPXVOTWOTLDGFGCDGPts
1Toronto24134076950+1947
2Montréal24103566057+341
3Boston2484395057−735
4Minnesota2484395454035
5Ottawa2481696263−132
6New York24543125367−1426

Asistencia

Na súa tempada inaugural a PWHL bateu varios récords de audiencia. O 27 de xaneiro de 2024, durante o partido que disputaron Montreal e Ottawa no Place Bell de Laval (Quebec) rexistrouse a maior audiencia a un partido profesional de hóckey sobre xeo feminino no Canadá logo de rexistrar 8 646 persoas nas bancadas.[1] Posteriormente, no Little Caesars Arena de Detroit superouse o récord de asistencia a un partido feminino nos Estados Unidos de América con 13 736 persoas nas bancadas durante a vitoria de Boston fronte a Ottawa o 16 de marzo de 2024.[2] O 16 de febreiro de 2024 superouse un novo rexistro de asistencia cando 19 285 persoas presenciaron en directo no Scotiabank Arena de Toronto o partido entre Toronto e Montreal, coñecido como "The Battle on Bay Street".[3] Con todo, o maior fito da competición chegou o 20 de abril de 2024, cando 21 105 persoas encheron o Bell Centre de Montreal durante o partido entre o equipo local e Toronto, converténdose deste xeito no partido máis visto na historia do hóckey sobre xeo feminino.[4]

Equipo localPartidosAudiencia mediaAudiencia total[5]
Ottawa127 49689 952
Minnesota127 13885 660
Montréal116 88175 686
Toronto123 91246 948
Boston113 77041 474
New York122 49629 952
Pistas neutrais211 29322 586
League705 448392 259

Play-offs

 SemifinaisFinal
       
8-17 de maio
  PWHL Toronto2 
  PWHL Minnesota3 
 
19-29 de maio
    PWHL Minnesota
   PWHL Boston


9-18 de maio
  PWHL Montréal0
  PWHL Boston3 


Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas