Partido Aragonés

(Redirección desde «Partido Aragonés Regionalista»)

O Partido Aragonés (PAR) é unha formación política fundada o 27 de decembro de 1977, a súa presenza e actividade foi moi importante na política aragonesa durante case trinta anos, dos cales doce formou parte do Goberno de Aragón. No ano 2005, Aragón gobernouse grazas a un acordo PSOE - PAR, que outorgaba ao Partido Aragonés a vicepresidencia e catro consellerías (Presidencia, Industria, Medio Ambiente e Servizos Sociais).

Partido Aragonés
Partido político de Aragón
MocidadesRolde Choben-Jóvenes del PAR
Filiación internacionalNon ten
Historia
Fundación27 de xaneiro de 1977
Posicións políticas
IdeoloxíaRexionalismo aragonés
Outros datos
SedeCoso, 87 - 50001 Zaragoza
Na rede
Páxina oficial

Historia

En sucesivos congresos, este partido definiuse como nacionalista moderado e de centro, e denominouse Partido Aragonés Regionalista ata 1990. O seu obxectivo, segundo sinalan os seus estatutos, é "lograr cantos fins promovan e permitan a defensa e o arriquecemento socioeconómico e cultural de Aragón".

Institucionalmente, está presente (2005) no Goberno de Aragón, as Cortes de Aragón con 8 deputados, o Senado e 907 concelleiros.

O PAR respecta o marco constitucional español, aínda que reclama o recoñecemento os dereitos históricos e unha autonomía plena (cun sistema de financiamento suficiente) para Aragón.

As cuestións de política hidráulica foron claves na acción do PAR, a través do seu rexeitamento ao transvasamento do río Ebro incluído en sucesivos plans hidrolóxicos españois e a súa reivindicación das obras para o aproveitamento da auga en Aragón.

A súa organización xuvenil é o Rolde Choben - Jóvenes del PAR

Figuras relevantes do PAR foron o seu primeiro presidente, Hipólito Gómez de las Roces, que presidiu o Goberno de Aragón entre 1987 e 1991; o seu secretario xeral en distintas épocas e presidente do Goberno de Aragón de 1991 a 1993, Emilio Eiroa; o seu presidente en diversos períodos e actual senador, José María Mur Bernad; ou entre outros, o seu actual (2005) presidente desde o 2000 e vicepresidente do Goberno de Aragón, José Ángel Biel Rivera.

Evolución do voto

Eleccións Xerais

Nas primeiras eleccións de 1977 como partido precedente estaba a CAIC, a partir da que se creou ao ano seguinte o PAR. Nas eleccións de 1982 o PAR presentouse en coalición con AP-PDP, e en 1996 e 2011 co PP.

Data
Votos
provincia
Huesca
%
Depu-
tados
Votos
provincia
Teruel
%
Depu-
tados
Votos
provincia
Zaragoza
%
Depu-
tados
Votos
totais
Aragón
%
Depu-
tados
1979------38.0428,96138.0926,071
1982Presentouse coa agrupación de partidos Coalición Popular, obtendo 2 deputados
198611.7869,76-8.4059,65-52.81311,61173.00411,021
198914.26012,15-8.89410,56-48.57910,61171.73310,881
199323.78417,84-12.07013,40-108.69020,231144.54419,001
1996Presentou candidaturas en listas conxuntas con Partido Popular, obtendo 1 deputado e 3 senadores
20008.2076,54-8.2949,84-22.3824,36-38.8835,38-
20046.7825,04-7.0007,96-22.7584,08-36.5404,68-
20086.6405,08-7.4218,67-25.8444,75-39.9055,25-
2011Presentou candidaturas en listas conxuntas co Partido Popular. Non obtivo ningún deputado pero si 3 senadores.

Eleccións autonómicas

Data
Votos
provincia
Huesca
%
Depu-
tados
Votos
provincia
Teruel
%
Depu-
tados
Votos
provincia
Zaragoza
%
Depu-
tados
Votos
totais
Aragón
%
Depu-
tados
198315.01013,00218.53023,16489.95422,057123.49420,4613
198729.37625,29514.97317,613135.38330,9311179.73228,1319
199129.31825,36516.36719,703105.69225,569151.37724,7317
199526.95721,52415.81818,303100.49720,587143.27220,4714
199919.13116,13314.75217,87352.36311,66486.24613,2610
200315.49712,29215.66218,21348.5119,69379.67011,188
200715.51912,82216.01619,26349.32710,66480.86212,129
201114.58312,60213.25517,01334.3107,41262.1489,477

Eleccións municipais

Data
Votos
provincia
Huesca
%
Conce-
lleiros
Votos
provincia
Teruel
%
Conce-
lleiros
Votos
provincia
Zaragoza
%
Conce-
lleiros
Votos
total
Aragón
%
Conce-
lleiros
1979
1983
198719.20316,821748.25710,21201101.91023,12521129.37020,35896
199124.70821,3527615.98919,3431287.32821,09527128.02520,901.115
199525.32220,1725316.95619,6233474.16915,17463116.44716,611.050
199918.60115,5122518.12921,7633250.76311,2436887.49313,36925
200318.13714,2822617.74220,4833349.9789,9934885.85712,03907
200718.44515,0624018.57022,0232657.07212,2441694.08713,98982
201119.31615,9126016.05719,7431042.1698,7642277.54211,33992

Eleccións ao Parlamento Europeo

Data
Votos
provincia
Huesca
%
Votos
provincia
Teruel
%
Votos
provincia
Zaragoza
%
Votos
totais
Aragón
%
198715.89013,689.79011,5765.43114,9491.11114,26
1989Presentou candidaturas en listas conxuntas co Partido Popular
1994 a8.4648,425.2767,5030.3927,5444.1327,69
1999 b12.15010,2210.54012,7837.4968,3760.1869,27
2004c2.2742,662.8714,859.0122,6814.1572,94
2009Non se presentou

a Dentro da Coalición Nacionalista.
b Dentro da Coalición Europea.
c Dentro da Coalición Europea.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas