Partido Comunista da Federación Rusa

O Partido Comunista da Federación Rusa (ruso: Коммунистическая партия Российской Федерации) é un partido político ruso da esquerda radical. Segundo maior partido da Rusia, é visto como herdeiro histórico do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) e do seu antecesor, o Partido Bolxevique. Non obstante, a súa estrutura e ideoloxías, como o abandono do ateísmo, difiren radicalmente do PCUS.

Partido Comunista da Federación Rusa
Dirixentes e organización
LíderGuennadi Ziugánov
MocidadesLiga Leninista de Mozos Comunistas da Federación Rusa
Filiación internacionalEncontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros
Historia
Fundación14 de febreiro de 1993
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Marxismo-leninismo
Socialismo do século XXI
Internacionalismo
Representación
Duma Estatal
42 / 450
Consello da Federación
2 / 170
Parlamentos rexionais
460 / 3.980
Outros datos
SedeMoscova
PublicaciónPravda
Na rede
kprf.ru
Facebook: kprfnews Twitter: kprf Instagram: kprf.official Telegram: KommunistOnline VK: kprf Youtube: UCbNYBIHgdRw5LX_NK5-9qDA Editar o valor em Wikidata

Historia

O PCFR está liderado por Guennadi Ziuganov, que fundou o partido no inicio de 1993 cos antigos políticos soviéticos Yegor Ligachev e Anatoly Lukyanov, entre outros. Ziuganov era afillado político de Alexander Yakovlev, o "avó da glasnost", no Comité Central da PCUS. Tras o colapso da Unión Soviética en 1991, converteuse en membro activo do movemento nacional-patriótico ruso, e presidente da Fronte de Salvación Nacional.

Un novo movemento de esquerda foi formado por iniciativa do PCFR o 7 de agosto de 1996. Foi chamado Unión Popular Patriótica da Rusia (UPPR) e consistía en máis de 30 organizacións nacionalistas de esquerda e de dereita. En 1996, Ziuganov foi nomeado candidato á presidencia polo PCFR e foi apoiado pola UPPR. El recibiu apoio do preminente intelectual Aleksandr Zinovyev (disidente do réxime soviético que foi seguidor do comunismo durante a perestroika) e de Zhores Ivanovich Alferov, que vencería o Premio Nobel da Física en 2000.

Antigos membros de PCFR inclúen a políticos famosos que abandonaron o partido tras colidir as súas ideas coas de Ziuganov, que tiña o apoio da maioría dos membros. Entre os disidentes máis notábeis estiveron Gennady Seleznev (en 2001), Sergey Glazyev (en 2003) e Gennady Semigin (en 2004).

Ideoloxía

Día dos traballadores na Rusia.

A ideoloxía oficial do partido é o marxismo-leninismo, comunismo e o socialismo do século XXI. O PCFR enfatiza a súa orixe rusa e constantemente invoca o patriotismo e o nacionalismo, en unión ao marxismo-leninismo do PCUS. Ao contrario do PCUS tras 1956, o PCFR celebra o goberno de Iosif Stalin. Andrei Brezhnev, neto do líder soviético Leonid Brezhnev, criticou ao PCFR por abandonar o ateísmo e polo acercamento de Ziuganov á Igrexa Ortodoxa Rusa.

A maioría dos comentaristas políticos caracterizan a á dominante de Ziuganov como máis nacionalista (ou "patriótica-popular", como se autodefinen os militantes do partido) que marxista-leninista. Algúns consideran que a única facción do PCFR que pode ser ideoloxicamente definida como comunista é aquela ligada a Richard Kosolapov. De facto, esa á se opuxo á decisión do partido de lanzar a candidatura de millonarios como Sergei Sobko, unha vez que o PCFR posúe a eliminación da oligarquía como unha das súas metas.

Resultados electorais

Eleccións presidenciais

DataCandidato1ª Volta2ª Volta
Votos%Votos%
1996Guennadi Ziuganov24 211 68632,5 (#2)30 102 28840,7 (#2)
2000Guennadi Ziuganov21 928 46829,5 (#2)
2004Nikolay Kharitonov9 514 55413,8 (#2)
2008Guennadi Ziuganov13 243 55018,0 (#2)
2012Guennadi Ziuganov12 288 62417,2 (#2)

Eleccións lexislativas

DataVotos%DeputadosStatus
19936 666 40212,4 (#3)Oposición
199515 432 96322,3 (#1)92 Oposición
199916 196 02424,3 (#1)44 Oposición
20037 647 82012,6 (#2)61 Oposición
20078 046 88611,6 (#2)5 Oposición
201112 599 50719,2 (#2)35 Oposición
20167.019.75213,34%Oposición

Traxectoria electoral

Desde a súa fundación até os días actuais, o PCFR é o segundo maior partido político da Rusia, o maior da oposición.

En todas as eleccións desde o fin da Unión Soviética, o candidato do PCFR terminou a disputa en segundo lugar. En 1996, Ziuganov obtivo o apoio do 32% do electorado, contra o 32% de Boris Eltsin. En 2000, Ziuganov obtivo o 29% contra o 53% de Vladimir Putin. En 2004, Putin obtivo o 71% dos votos, contra só o 14% de Nikolay Kharitonov. En 2008, Ziuganov obtivo case o 18% dos votos. Conseguiu superar a Dmitri Medvedev nalgunhas vilas e cidades pequenas. Tras a elección, Ziuganov afirmou que os seus electores descubriron varios casos de fraude electoral e que el debería ter polo menos o 30% dos votos. El afirmou aínda que iría cuestionar os resultados na Xustiza Electoral. Algunhas semanas despois, o Comité Electoral Ruso admitiu que a maioría das reclamacións do PCFR tiñan fundamento, mais non cuestionou o resultado final das eleccións.

Electorado

O PCFR é máis forte nos grandes centros industriais e científicos, cidades pequenas e nos municipios ao redor de Moscova. Por exemplo, unha pescuda de intención de voto en 2007 indicou que o PCFR obtivo o apoio da maioría da poboación ao redor da Universidade Estatal de Moscova.

O electorado do partido está composto principalmente de pensionistas, traballadores industriais e empregados de organizacións sen fins lucrativos. Nos últimos anos, o partido tamén tivo unha grande adhesión de grupos da xuventude de esquerda, como a Vangarda de Esquerda Vermella.

De acordo co Servizo Federal de Rexistro, 146.546 electores rexistráronse xunto ao goberno como membros do PCFR.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: