Partido Republicano Radical e Radical Socialista

partido político de centro francés

O Partido Republicano Radical e Radical Socialista (en francés Parti Républicain Radical et Radical-Socialiste), foi un partido político de centro francés fundado en 1901. Chamado indiferentemente partido radical ou radical-socialista. Foi o principal partido da Terceira República Francesa (1871-1940) e Cuarta República Francesa (1945-1958).O seu antecedentes están nos grupos reformistas republicanos do século XIX coñecidos como radicais que a partir de 1879 en diante organízanse electoralmente como grupo independente. Coa promulgación da Lei de Asociacións de xullo de 1901, realízase un congreso dos diversos grupos radicais entre o 21 e 23 de xuño de 1901 que crea formalmente o Partido Republicano Radical e Radical Socialista. A designación do partido recoñecía explicadamente a existencia de radicais de esquerda, centro e dereita nunha mesma organización política formal. A diferenza dos partidos republicanos da época o radicalismo contaba con estruturas formais e efectivas de funcionamento, moitas das decisións en canto a ingreso a coalicións ministeriais ou electorais así como definicións políticas importantes realízanse en debates e votacións nos seus congresos anuais.

Partido Republicano Radical e Radical Socialista
AcrónimoPRV
Tipopartido político
IdeoloxíaRadicalismo, Centrismo radical e Liberalismo
Data de fundación1901 e 1972
Presidente/aLaurent Hénart (2014-) Editar o valor em Wikidata
SedeParís e place de Valois
PaísFrancia
Na rede
https://parti-radical.fr/
Twitter: PartiRadical Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As bases comúns do seu programa están no Programa de Belleville (1869) proposto por Léon Gambetta e en posteriores eventos partidarios a partir de 1901. Estas son:

  • Sufraxio universal
  • Responsabilidade ministerial ante o parlamento
  • servizo militar obrigatorio e de curta duración
  • Separación Igrexa e Estado
  • Instrución gratuíta, obrigatoria e laica
  • Imposto á renda
  • Liberalismo económico, aínda que algunhas fraccións eran partidarias de maiores dereitos sociais ás clases traballadores.

Outros trazos eran un anticlericalismo e profunda fe nos avances científicos (positivismo)

As súas principais figuras foron: Léon Bourgeois, Ferdinand Buisson, Joseph Caillaux, Camille Chautemps, Georges Clemenceau, Émile Combes, Gaston Doumergue, Edouard Daladier, Edouard Herriot e Albert Sarraut.

Participou nas seguintes coalicións electorais e de goberno: Cartel des gauches (1924-1926), Fronte Popular (1936-1938), e Rassemblement des gauches républicaines (1946-1951).

En 1972 as dúas principais faccións do radicalismo organízanse formalmente no Partido Radical propiamente tal e o Partido Radical de Esquerda (PRG) (ex Movemento Radical de Esquerda —MRG—).

Presidentes do PRRS

  • 1901-1902: Gustave Mesureur
  • 1902-1903: Jean Dubief
  • 1903-1904: Maurice Faure
  • 1904-1905: Maurice Berteaux
  • 1905-1906: Emile Combes
  • 1906-1907: Camille Pelletan
  • 1907-1908: Auguste Delpech
  • 1908-1909: Louis Lafferre
  • 1909-1910: Ernest Vallé
  • 1910-1913: Emile Combes
  • 1913-1914: Joseph Caillaux
  • 1917-1918: Charles Debierre
  • 1918-1919: André Renard
  • 1919-1926: Edouard Herriot
  • 1926-1927: Maurice Sarraut
  • 1927-1931: Edouard Daladier
  • 1931-1936: Edouard Herriot
  • 1936-1939: Edouard Daladier
  • 1944-1948: Théodore Steeg
  • 1948-1953: Edouard Herriot (Presidente administrativo: Léon Martinaud-Déplat)
  • 1955-1957: Edouard Herriot (Primeiro Vicepresidente: Pierre Mendès-France)
  • 1957-1958: Edouard Daladier
  • 1958-1961: Félix Gaillard
  • 1961-1965: Maurice Faure
  • 1965-1969: René Billères
  • 1969-1971: Maurice Faure

Véxase tamén

Ligazóns externas