Pedro de Llano Cabado

arquitecto galego

Pedro de Llano Cabado, nado na Coruña en 1947,[1] é un arquitecto galego.

Infotaula de personaPedro de Llano Cabado
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPedro de Llano López Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3076919

Traxectoria

É fillo do xornalista Pedro de Llano López. Licenciado en arquitectura pola Universidade de Madrid (1976). Realizou a súa tese doutoral Tipoloxías espaciais e construtivas na arquitectura popular galega na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Foi catedrático de Análise Arquitectónica da ETSA. Foi responsable de artes plásticas do Consello da Cultura Galega.

A finais de 2023, declarou que renunciaba ao Premio Galicia de Arquitectura, que acababa de recoller no Gaiás uns meses antes para "alertar dunha ultraxe patrimonial que se está a cometer co conxunto formado polo Castro Lupario e a aldea de Angueira de Castro".[1]

Obras

  • Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida, 1981, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 39.
  • Arquitectura popular en Galicia, 1983.
  • Alejandro de la Sota. O nacemento dunha arquitectura, 1994.
  • Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción, 1996.
  • Le Corbusier. Viaje al mundo de un creador a través de 25 arquitecturas, 1997.
  • Compañeros de oficio, 2013.

Recoñecementos

Vida persoal

Casou con Marga Neira López, filóloga especializada en lexicografía galega. Os seus fillos son o comisario e investigador da arte Pedro de Llano Neira e o xornalista Pablo de Llano Neira.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas