Península do Iucatán

península en América Central

89°12′00″O / 19.36667, -89.20000

A península do Iucatán[1] (en castelán: Yucatán) é unha gran península do continente americano que penetra no océano Atlántico en América Central, constituíndo o extremo sueste do territorio do actual México, a ao oeste de Cuba e ao nordés de Guatemala. Separa o mar Caribe do golfo de México, coa costa do norte na canle do Iucatán. A península limita ó leste do istmo de Tehuantepec, unha separación xeográfica da rexión de América Central e o resto de América do Norte. Ten arredor de 181 000 km2 de extensión, e componse case completamente de rocha calcaria.[2][3] Foi palco de grandes civilizacións precolombianas como a dos maias e maila dos olmecas.

A penínsual do Iucatán vista dende o espazo.
Mapa da península en América.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Juan Luis Pena Chapa, Manuel Martin Castillo e Juan Carlos González Avila, The Performance of the Economy of the Yucatan Peninsula from 1970–1993 [1] Arquivado 13 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  • Marcio L. Teixeira,The Impact of the Geologic History of the Yucatán Peninsula on the Present Day Aquifer,2004 [2]
  • Angelo Heilprin,Observations on the Flora of Northern Yucatan [3]

Outros artigos

🔥 Top keywords: