Petróglifos da Borna

8°41′52″O / 42.2875, -8.697778

Os petróglifos da Borna son un conxunto de gravados rupestres da idade de bronce situados na parroquia de Meira (Moaña). Está catalogado pola Xunta de Galicia co código GA36029005.[1]

Petróglifos da Borna
Petróglifo da Borna

Situación

Están localizados a uns 230 m de altitude, na aba do monte da Borna, que cae até a praia do mesmo nome. Están orientados ao suroeste, cara á boca da ría de Vigo e a enseada de Moaña. Hai camiño de acceso até eles, se ben está cuberto de maleza. O monte é de uso comunal, e o seu uso é forestal. O seu estado de conservación é regular, pois a laxe foi afectada polos incendios forestais.

Características

O conxunto, de 12 x 25 m, está conformado por un grupo de laxes distribuídas en dous paneis contiguos. O primeiro (máis alto e cara ao oeste), inclúe case 50 motivos orientados do mesmo xeito en forma de cruz ou antropomorfos. O segundo (cara ao leste), contén cruces e deseños en forma de U invertido. No interior dalgúns destes motivos hai cruces, e nun deles (ver imaxe) unha pequena cunca. Isto foi interpretado como unha posible embarcación.

O lugar é coñecido como Pegada de San Pedro. Segundo a tradición oral, os gravados na laxe son as pegadas das ferraduras do cabalo de San Pedro, que pegou un salto desde aquí ao outro lado da ría de Vigo ao se lle aparecer o demo disfrazado de serpe.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

  • Petróglifos do Pozo Garrido

Ligazóns externas