Pilro escuro

O pilro escuro ou pilro cincento (Calidris maritima) é unha pequena ave costeira do xénero dos pilros, Calidris.

Pilro escuro
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Charadriiformes
Familia:Scolopacidae
Xénero:Calidris
Especie:Calidris maritima
Brünnich, 1764
Área de C. maritima: en amarelo a área de reprodución, en verde a área durante todo o ano, e en azul a área de invernada.
Área de C. maritima: en amarelo a área de reprodución, en verde a área durante todo o ano, e en azul a área de invernada.

Área de C. maritima: en amarelo a área de reprodución, en verde a área durante todo o ano, e en azul a área de invernada.
Sinonimia

Erolia maritima
Arquatella maritima

Descrición

Plumaxe de verán
Plumaxe de inverno

Os adultos teñen patas curtas amarelas e un bico fino, escuro con base amarela, de tamaño medio. O corpo é escuro na parte superior con lixeiros tons púrpura e pola parte inferior é principalmente branco. O peito está manchado de gris e a parte traseira é negra. Mide de 20 a 22 cm de lonxitude e 42 a 46 cm de envergadura alar, e pesa de 50 a 105 g.[2]

Medidias estándar[3][4]
Lonxitude210–140 mm
Peso70 g
Envergadura alar430 mm
Á117,9–130 mm
Cola55,9–63 mm
Culmen27,2–32 mm
Tarso22-23,8 mm

Reprodución

Ovos desta especie na colección do Museo de Wiesbaden, Alemaña

O seu hábitat de reprodución é a tundra ártica das illas do norte do Canadá e as áreas costeiras de Groenlandia e noroeste de Europa. Aniñan no chan en rochas elevadas ou en lugares baixos húmidos. O macho escava varias depresións; a femia escolle unha e pon de 3 a 4 ovos. O macho asume a principal responsabilidade durante a incubación e ocúpase dos pitos. As crías aliméntanse por si mesmas.

Informouse dun caso aparente de hibridación entre esta especie e o pilro común (Calidris alpina) en Inglaterra.[5]

Distribución e migración

Reprodúcense nas costas árticas dende o Canadá ao noroeste de Europa. Son migrantes tardíos e móvense ás costas rochosas atlánticas libres de xeo en inverno, pero a maioría non van máis ao sur que Carolina do Norte (na parte americana) e norte de Portugal (na parte europea). Pode verse nas costas cantábricas galegas en inverno. Son bastante gregarios, forman pequenas bandadas, a miúdo con virapedras (Arenaria interpres). Esta especie é domesticable e accesible.

Alimentación

Comen nas costas rochosas capturando o alimento usando a vista. Aliméntanse principalmente de artrópodos e moluscos e tamén algo de materia vexetal.

Status

O pilro escuro é unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas