Pobos maias

Os pobos maias[3] son un grupo de pobos indíxenas de Mesoamérica. Habitan no sur de México, Guatemala, Belize, O Salvador e Honduras. O termo "maia" é unha designación colectiva que inclúe a pobos da mesma área que comparten algún grao de herdanza cultural e lingüística ; porén, abrangue poboacións con características distintivas, poboacións, sociedades e grupos étnicos que teñen as súas propias tradicións, culturas e identidade histórica.

Pobos maias
Mulleres ixil en Nebaj, Guatemala.
Poboación
Poboación total:
7 millóns (estimación de comezos do século XXI)[1][2]
Rexións principais:
Guatemala5 474 377 (2009)
México759 000 (2005)
Belize?
O Salvador?
Honduras?
Aspectos culturais
LinguaLinguas maias, castelán, inglés e crioulo belicense
RelixiónCristianismo e relixión maia

A poboación precolombiana maia era de arredor de oito millóns de persoas.[4] Arredor de sete millóns de maias vivían nesta área a comezos do século XXI.[1][2] As poboacións de Guatemala, o sur de México e a península do Iucatán, Belize, O Salvador e o oeste de Honduras conseguiron manter en grande medida a súa herdanza cultural. Algunhas poboacións están bastante integradas dentro da maioría mestiza castelanizada das nacións nas que residen, mentres que outras manteñen un estilo de vida máis tradicional, mantendo algunha das linguas maias como primeira lingua.

A meirande poboación contemporánea de maias habita en Guatemala, Belize, e as partes occidentais de Honduras e O Salvador, así como en partes dos estados mexicanos do Iucatán, Campeche, Quintana Roo, Tabasco e Chiapas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: