Saltar ao contido

Prisión de Maze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prisión de Maze
Prisión de Maze
Coordenadas54°29′19″N 6°06′27″O / 54.488611111111, -6.10756°06′27″O / 54.488611111111, -6.1075
editar datos en Wikidata ]

A Prisión de Maze (en inglés: Her Majesty's Prison Maze, tamén coñecida como The Maze, o Bloque-H ou Long Kesh) foi un cárcere de Irlanda do Norte no que se recluían terroristas e paramilitares unionistas e republicanos durante o conflito de Irlanda do Norte, dende 1971 a 2000.

Estaba situada no antigo centro de detención da Royal Air Force de Long Kesh, nos arredores de Lisburn. Estaba no townland de Maze, a uns catorce quilómetros ó suroeste de Belfast. A prisión e os seus presos xogaron un papel salientado na historia das últimas décadas do século XX en Irlanda, particularmente durante a folga de fame de 1981 de prisioneiros da IRA. A prisión foi pechada en 2000; a súa demolición comezou o 30 de outubro de 2006, pero dende 2010 as obras detivéronse.[1][2][3]

Antecedenteseditar a fonte

Tras a introdución de internamento (prisión sen xuízo) para os sospeitosos de pertencer á IRA en 1971 lanzouse a "Operación Demetrius" por parte da Real Policía do Ulster (RUC) e o exército británico, unha redada na que se detivo a 452 sospeitosos o 9 de agosto. 342 católicos foron arrestados. Porén, os membros máis importantes do PIRA foran alertados e 104 dos arrestados foron postos en liberdade cando se soubo que non tiñan conexión cos paramilitares.[4] Os responsables da operación foron tachados de torpes, arrestando a moitas persoas equivocadas, usando información non actualizada. Máis tarde foron arrestados algúns lealistas. En 1972 había 924 internados; no momento en que acabou o internamento (5 de decembro de 1975) detivéronse a 1.981 persoas: deles o 95% (1.874) eran católicos e o 5% restante (107) protestantes[5]

Notaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial