Pseudoryx nghetinhensis

O saola (Pseudoryx nghetinhensis), tamén chamado na bibliografía imnternacional boi de Vu Quang, é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos bovininos, que vive nas montañas de Annam, entre Vietnam e Laos.

Pseudoryx nghetinhensis
Saola / Boi de Vu Quang
Estado de conservación
Crítico
Crítico
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Orde:Artiodactyla
Suborde:Ruminantia
Familia:Bovidae
Subfamilia:Bovinae
Tribo:Bovini
Xénero:Pseudoryx
Especie:P. nghetinhensis
Nome binomial
Pseudoryx nghetinhensis
Dung, Giao, Chinh, Tuoc,
Arctander, MacKinnon, 1993 [1]
Distrinución do saola
Distrinución do saola

Distrinución do saola

Animal moi escaso, foi descuberto polos zoólogos en 1992 na Reserva Natural de Vu Quang,[2] e descrito o ano seguinte.[1]

Actualmente encóntrase en grave perigo de extinción (cualificado como CR pola UICN).[3]

O último bóvido

A última especie de bóvido descubriuse en data tan recente como 1992, nas selvas do centro-norte de Vietnam, preto da fronteira con Laos.[4]

Este raro animal, coñecido polos lugareños como sao la (e na bibliografía internacional como saola ou boi de Vu Quang), foi clasificado como Pseudoryx nghetinhensis, e adscrito á liñaxe dos xéneros Bos e Bison (tribo dos bovininos).[1]

Ante o perigo de que desaparecera esta especie, (e outra, descuberta na masma selva, e no mesmo ano, pero pertencente á familis dos cérvidos e clasificada como Megamuntiacus vuquangenisis), as autoridades do país ampliaron considerabelmente a reserva, limitado ademais a explotación forestal.[4]

Na reunión do CITES de novembro de 1994, en Fort Lauderdale, Florida, Estados Unidos acordouse incluír ambas as especies no "anexo I" deste convenio internacional, o que implica a prohibición total do seu comercio.[4]

Características

O saola rten nunha lonxitude duns 150 cm, a altura na cruz é de 80 90 cm, e alcanza un peso de entre os 80 e os 100 kg.[5]

Caracterízase polos seus cornos longos, esveltos e case rectos.
Ten dúas glándulas odoríferas debaixo dos ollos.
Os dentes premolares son longos.
A cor da pelaxe varía desde a parda escura á parda avermellada; ademais, presenta na cara e na gorxa unhas manchas brancas.
Os seus pezuños son pequenos e os dedos, curtos.[6]

O saola pode vivir en solitario ou en pequenos grupos familiares de dous ou tres individuos. Crese que pode ser unha presa para os tigres e os leopardos; especies de felinos que son relativamente abundantes nas montañas Annamitas, fogar do saola.

Hábitat e distribución

O saola só se encontra nas montañas Annamitas, entre o norte de Vietnam e Laos, onde se conservan as últimas selvas virxes de Indochina. A súa área de distribución abarca uns 5.000 km².[7]

A maioría dos rexistros fixéronse ao sur do río Sông Cả, en Vietnam. En Laos encóntrase na provincia de Bolikhamsai.[3]

O seu hábitat, a altitudes de entre os de 200 e os 1.200 m de altitude, probabelmente é, ou máis ben era, en Vietnam, xa que a a maior densidade humana neste país reduciu sensibelmente o seu hábitat.[3]

En 2010 foi capturado un exemplar, o primeiro tras o seu descubrimento, por cazadores nativos, aínda que unicamente logrou sobrevivir en catividade uns poucos días.[8]

Poboación

A poboación do saola estimouse nuns 200 individuos, considerándose como especie endémica e moi vulnerábel. Pouco tempo despois do seu descubrimento, o goberno vietnamita aumentou o tamaño do Parque Nacional Vu Quang de 160 a uns 600 km² e realizáronse proxectos para a creación de dúas novas reservas.

Pese a estes niveis de protección o saola clasifícase como especie gravemente ameazada de extinción.[3]

Dieta

Documentouse que o saola se alimenta de pequenos arbustos, sobre todo nas beiras dos ríos. Esta especie come en pequenos grupos duns 5 individuos, o cal é unha vantaxe á hora de encontrar comida e de protexerse dos depredadores.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: