Cérvidos

Os cérvidos (Cervidae) son unha familia de mamíferos ruminantes que inclúe os cervos e veados. Teñen patas delgadas, pezuños partidos en dous e longos pescozos. Son esveltos herbívoros. Teñen a pelaxe lisa ou moteada, e son os únicos mamíferos aos que lles crecen hastas novas cada ano, formadas por óso morto. Só as desenvolve os machos adultos, utilizándoas durante a época de apareamento, cando os cérvidos compiten polas femias. As hastas empezan a formarse a partir de dúas protuberancias do cranio. Ao medrar, recóbreas un veludo. Cando as hastas crecen, empezan a ramificarse. Finalmente, o veludo cae. Así a cornamenta queda completa.

Cérvidos
Rango fósil: Oligoceno - Actualidade

Macho
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Infraclase:Eutheria
Orde:Artiodactyla
Suborde:Ruminantia
Infraorde:Pecora
Familia:Cervidae
Goldfuss, 1820
Distribución combinada de tódalas especies
Distribución combinada de tódalas especies

Distribución combinada de tódalas especies
Subfamilias

Capreolinae
Cervinae

Presenza en Galiza

O cervo común en Galiza localízase principalmente nas serras orientais das provincias de Lugo e Ourense, así como tamén nunha pequena parte do leste da provincia da Coruña. As poboacións actuais son froito das repoboacións cinexéticas.

Na antigüidade a súa poboación estendíase até a costa Atlántica, como amosan os numerosos petróglifos con imaxes de cervos.

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: