Quirocéntridos

A dos quirocéntridos (Chirocentridae) é unha pequena familia de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes.

Chirocentrus dorab. Debuxo do antigo artista de FishBase Robbie Cada

Comprende tan só un xénero con dúas especies mariñas relacionadas cos arenques.

Taxonomía

Descrición

Familia

A familia foi descrita en 1849 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[2]

Xénero

O xénero fora descrito en 1816 polo naturalista francés Georges Cuvier.[3]

Especies

Como quedou dito, o xénero conta dó con dúas especies:[3]

Características

Ambas as especies teñen corpos alongados e mandíbulas con dentes longos e afiados que facilitan o seu apetito voraz, principalmente para comer outros peixes.[4]

Ambas as especies alcanzan unha lonxitude de 1 m. Teñen os costados prateados e as costas azuladas.

Péscanse comercialmente, e comercialízanse frescos ou conxelados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos