Río Ebro

río de España

O río Ebro (en catalán: Ebre) é o río máis caudaloso de España e o segundo da Península Ibérica despois do Douro. É ademais o segundo río máis longo despois do Texo. Discorre na súa totalidade por España, sendo o seu río máis longo, con 910 km, o máis caudaloso e o que ten a maior conca, que chega aos 83 093 km². Ten máis de 200 tributarios.[1]

Río Ebro
PaísEspaña
NacementoFontibre, Cantabria Cantabria
Altitude1980 msnm
Lonxitude910 Km
Conca86 100 km²
Caudal medio426 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo
Cunca hidrográfica do río Ebro
O Ebro ao seu paso por Tortosa

Percorre o extremo nororiental da Península Ibérica, a través do val que leva o seu nome. Segue unha dirección noroeste-sueste desde o seu nacemento na Hermandad de Campoo de Suso, en Cantabria, ata o mar Mediterráneo, no que desemboca formando o delta do Ebro, entre os termos municipais de Deltebre e Sant Jaume d'Enveja.

O Ebro atravesa as comunidades autónomas españolas de Cantabria, Castela e León, A Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña. Ademais, a súa conca hidrográfica tamén alcanza territorios da Comunidade Valenciana (río Bergantes) e de Castela a Mancha. Dúas capitais de comunidade autónoma, Logroño e Zaragoza, son bañadas polo río.

Etimoloxía

O seu nome deriva do antigo topónimo Hiber (Hiberus Flumen), que dá tamén nome á Península Ibérica e aos pobos iberos, adaptación latina do termo grego Ίβηρ (Iber), que recollen as numerosas fontes historiográficas gregas, que significaría ribeira ou marxe do río. En efecto, colonos gregos establecéronse un pouco máis ao norte cara ao 575 a.C. na importante colonia de Empúries (Ἐμπόριον). Por iso é polo que o termo de Iberia orixinalmente deriva do nome mesmo do río Ebro.

Percorrido

Nace en Fontibre, preto de Reinosa, en Cantabria, discorrendo por localidades como Miranda de Ebro, Haro, Logroño, Calahorra, Alfaro, Tudela, Alagón, Utebo, Zaragoza, Caspe, Tortosa e Amposta. Os principais macizos montañosos que delimitan a súa conca son: os Pireneos ao norte, o Sistema Ibérico ao sur e os Picos de Europa no seu nacemento.

Desemboca no mar Mediterráneo en Deltebre (Delta do Ebro), próximo a Tortosa e a Amposta, última cidade pola que pasa, ás dúas na provincia de Tarragona, formando un Delta onde a Illa de Buda divide a corrente en dous brazos principais (Golas Norte e Sur). O Delta do Ebro cobre 330 km², o 20 % dos cales son áreas naturais e a superficie restante é agrícola e urbana; os campos de arroz no delta cobren sobre unhas 21 000 ha.

Conca

O Ebro, ao seu paso por Miranda de Ebro (Burgos).

A conca hidrográfica deste río, de forma triangular, queda delimitada, ao norte, polo Cordal Cantábrico e os Pireneos; e, ao oeste e ao sur, polo Sistema Ibérico. Ao leste sitúanse as Cordilleiras Costeiras Catalás e o mar Mediterráneo.

A súa orixe xeolóxica atópase nos sedimentos exteriores da Península Ibérica, o que deu lugar a dúas cordilleiras de tipo alpino (os Pireneos e os Sistemas Béticos). En compensación, produciuse o afundimento de dúas amplas zonas, o val do Ebro e o val do Guadalquivir, invadidos polo mar.

A conca do Ebro ocupa unha superficie de 85 362 km², que se distribúen nun 0,52% (445 km²) por Andorra, nun 0,58% (503 km²) por Francia e nun 98,8% (84 414 km²) por España.

Supón o 17,3% do territorio peninsular español e nela intégranse, total ou parcialmente, as comunidades autónomas de Cantabria, Castela e León, País Vasco, Castela-A Mancha, A Rioxa, Navarra, Aragón, Cataluña e a Comunidade Valenciana.

Está atravesada por numerosas correntes que, consideradas globalmente, suman 12 000 km de canle, dos cales 930 corresponden ao Ebro. Os seus afluentes principais presentan un percorrido total de 347 km, segundo datos da Confederación Hidrográfica do Ebro. Este organismo, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, encárgase da súa regulación. O achegue superficial estimado cífrase nunha media de 18 217 hm³, con máximos de 29 726 hm³ e mínimos de 8 393 hm³.

Réxime fluvial

O Ebro en Miravet (Tarragona).
Enchente do Ebro ao seu paso por Novillas (Zaragoza), o 6 de febreiro de 2003.

O Ebro é un río caudaloso pero cun caudal irregular: a finais do verán ten fortes estiaxes e na primavera, co desxeo pirenaico, presenta o seu máximo caudal. Exemplo desta irregularidade é Tortosa, onde ten chegado a ter un caudal de 32 m³/s en período de seca e chegou a 23 484 m³/s na enchente do 23 de outubro de 1907, cando o río alcanzou os 9,95 m de altura.

O Ebro sofre as súas enchentes máis frecuentes na estación fría, de outubro a marzo, mais ás veces prolónganse no tramo final até maio; as de estación fría acostuman estar ligadas ao réxime pluvial oceánico, mentres que as ocorridas na primavera proveñen da fusión da neve dos Pireneos. As secas prodúcense no verán: de xullo a outubro, en Miranda de Ebro e de fins de agosto e primeiros de setembro en Tortosa.

As principais enchentes medidas en Zaragoza desde finais do século XIX son:

Afluentes principais

Pola esquerda

Pola dereita

  • Río Oca
  • Río Tirón
  • Río Najerilla Soporta o encoro de Mansilla
  • Río Iregua
    • Río Lumbreras
    • Río Montenegro
    • Río Albercos
    • Río Blanca
  • Río Leza
  • Río Cidacos
  • Río Alhama
    • Río Añamaza
    • Río Linares
      • Bco La Canejada
  • Río Queiles 20 hm³/ano
  • Río Huecha 40 hm³/ano
  • Río Jalón 650 hm³/ano
    • Río Isuela
    • Río Aranda
    • Río Ribota
    • Río Jiloca
      • Río Pancrudo
    • Río Piedra Soporta o encoro da Tranquera
    • Río Najima
    • Río Deza
    • Río Manubles
  • Río Huerva 35 hm³/ano Soporta o encoro de Mezalocha e o das Torcas
  • Río Aguas Vivas 35 hm³/ano Soporta o encoro de Almochuel e o de Moneva
    • Río Moyuela
  • Río Martín 60 hm³/ano Soporta o encoro de Cova Foradada
  • Río Guadalope 250 hm³/ano Soporta o encoro de Calanda de 54,2 hm³ de capacidade e o de Santolea de 54 hm³ de capacidade
    • Río Guadalopillo Soporta o encoro de Gallipuén de 4,4 hm³ de capacidade
  • Río Matarraña 50 hm³/ano
    • Río Algas

Infraestruturas hidráulicas

Pantanos e encoros

Vista frontal da presa de Mequinenza.
Esclusas de Casablanca do Canal Imperial de Aragón.
  • Encoro do Ebro (541 hm³)
  • Encoro de Cereceda (1,2 hm³)
  • Encoro de Cillaperlata
  • Encoro de Sobrón (20 hm³)
  • Encoro de Puentelarrá.
  • Encoro de Suzana
  • Azud Fuente de los Moros-Canal de Lodosa (1 hm³)
  • Azud de Tudela (1 hm³)
  • Azud del Canal de Tauste (1 hm³)
  • Encoro de Pignatelli (1 hm³)
  • Azud Manuel Lorenzo Pardo (1 hm³)
  • Encoro de Pina (1 hm³)
  • Azud de Cinco Olivas (1 hm³)
  • Azud de Sástago (1 hm³)
  • Azud de Menuza (1 hm³)
  • Azud del Monasterio de Ntra. Señora de Rueda (1 hm³)
  • Encoro de Mequinenza (1.530 hm³)
  • Encoro de Riba-roja (209,56 hm³)
  • Encoro de Flix (4,171 hm³)
  • Azud de Xerta (1 hm³)

Canais

Entre os canais do Ebro cabe destacar os seguintes: Canal de Lodosa, Canal Imperial de Aragón, Canal de Tauste, Bardenas, Los Monegros, Canal do Cinca e Canal de Aragón e Cataluña.

Produción hidroeléctrica

En todo o percorrido do Ebro atopamos centrais hidroelécticas. Ao seu paso por Aragón:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: