RuPaul's Drag Race

programa de televisión dos Estados Unidos de América

RuPaul's Drag Race é un programa de televisión de telerrealidade estadounidense, o primeiro da franquía Drag Race, producido pola compañía World of Wonder para Logo TV, e a partir da 2017 para VH1. Está presentado por RuPaul e o seu obxectivo é dar coa "próxima superestrela drag dos Estados Unidos".[1] RuPaul ten o papel de anfitrioa, mentora e líder do xurado do programa, posto que as concursantes teñen que superan diferentes retos cada semana. O xurado componse, ademais, de Michelle Visage e varios convidados que critican e analizan o progreso das concursantes ao longo da competición. Até 17 de Abril de 2024 houbo 16 edicións e 16 gañadores do programa: BeBe Zahara Benet, Tyra Sanchez, Raja, Sharon Needles, Jinkx Monsoon, Bianca Del Rio, Violet Chachki, Bob the Drag Queen, Sasha Velour, Aquaria, Yvie Oddly, Jaida Essence Hall, Symone, Willow Pil, Sasha Colby e Nimphia Wind.

RuPaul's Drag Race
FormatoReality de televisión
Duración42-60 minutos
Producido porMichelle Visage e John Polly
Presentado porRuPaul
Localización(s)Estados Unidos de América
CadeaLogo TV (2009-2016)
VH1 (2017-actualidade)
Día da estrea2 de febreiro de 2009
Última emisiónactualidade
Nº de temporadas16
Nº de episodios223

Na rede
http://www.logotv.com/shows/rupauls-drag-race e https://www.mtv.com/shows/rupauls-drag-race
IMDB: tt1353056 Facebook: rupaulsdragrace Twitter: RuPaulsDragRace Instagram: rupaulsdragrace Youtube: UC0sEIyXXalzD1lbwm3D2xpA TikTok: rupaulsdragrace Netlix: 70187741Editar o valor em Wikidata

RuPaul's Drag Race abrangue 13 tempadas e inspirou os derivados RuPaul's Drag U, RuPaul's Drag Race All Stars e RuPaul's Secret Celebrity Drag Race. O programa converteuse no mellor valorado da programación de Logo TV,[2] e emítese de xeito internacional no Reino Unido, en Australia, no Canadá, nos Países Baixos e en Israel. Entre 2016 e 2020, RuPaul gañou cinco Premios Emmy consecutivos na categoría de Presentador Sobresaínte dun programa de telerrealidade. O propio programa levou o Premio Emy Primetime na categoría de Programa Sobresaínte de Telerrealidade nos anos 2018, 2019 e 2020, así como o Premio 21st GLAAD Media. Tamén foi candidato nos Premios da Crítica Televisiva nas categorías de Mellor Serie de Telerrealidade e Mellor Presentación de Programa de Telerrealidade, e nos Premios Emmy Creative Arts nas categorías de Maquillaxe. En 2018, o programa converteuse no primeiro en gañar á vez o Premio Emmy ao Mellor Presentador e Mellor Programa de Telerrealidade, fito que repetiu dende entón.[3][4][5] A décimo terceira tempada estreouse o 1 de xaneiro de 2021.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas