Avieno

(Redirección desde «Rufo Festo Avieno»)


Rufo Festo Avieno (en latín: Postumius Rufius Festus Avienus) foi un escritor, poeta, astrónomo e xeógrafo latino da segunda metade do século IV.

Infotaula de personaAvieno
Biografía
Nacementoc. 305 Editar o valor em Wikidata
Bolsena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 375 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , procónsul Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosFesto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu en Volsinii (Bolsena), Etruria,[1] procedía da familia dos Rufii Festi, fillo de Musonio (identificado como descendente de Musonio Rufo, filósofo estoico do século I), e foi procónsul[1] dúas veces da África Proconsular en 366 e 367 e probablemente tamén de Acaia. Segundo inscricións conservadas nos Museos Vaticanos casou cunha muller chamada Plácida e tivo varios fillos, un dos cales chamábase Plácido. Algúns historiadores quixeron atribuírlle a paternidade do historiador Rufo Festo, pero é discutida.

En relación á Península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e saefes, pobos da Gallaecia.

Obras

  • Descriptio Orbis Terrae, en 1.394 versos hexámetros,[3] cun resumo dos puntos máis relevantes da xeografía física e política do mundo coñecido, tradución en verso da Periégesis de Dionisio. Avieno, ademais, incorporou datos xeográficos de Estrabón.[2]
  • Ora maritima, do que se conserva un fragmento do primeiro capítulo[2] de 703 trímetros iámbicos que describe as costas dende a Bretaña ata Marsella.[3]
  • Aratea Phaenomena e Aratea Prognostica, tradución en versos hexámetros distribuídos en 1.325 e 552 liñas, que é a mesma relación das obras de Arato de Solos, con descricións, lendas, supersticións e feitos.
  • Tres pezas curtas dirixidas a un amigo chamado Flavianus Myrmecius.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas