S/2003 J 9

S/2003 J 9 é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003.[1][2]

S/2003 J 9 ten un 1 quilómetro de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,858 millóns de kms, tarda 752,839 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (165° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,276. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos