SAGE

SAGE (acrónimo de Stratospheric Aerosol and Gas Experiment), tamén coñecido como AEM-B (Applications Explorer Missions B), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 18 de febreiro de 1979 mediante un foguete Scout D1 desde a base de Wallops Island.[2][5][6]

SAGE / Stratospheric Aerosol & Gas Experiment
SAGE
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento18 de febreiro de 1979, 16:18 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorScout D1[2][5]
Sitio de lanzamentoWallops Island, rampla 3[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da estratosfera terrestre.[2][6]
Decaemento11 de abril de 1989[1]
NSSDC ID1979-013A
Masa148,7 kg[5]

Características

A misión de SAGE foi estudar o ozono e os aerosois da estratosfera terrestre para comprender mellor o medio ambiente e equilibrio radiativo da atmosfera.[2][5][6]

O satélite estaba formado por dous módulos: o módulo de instrumentos, coa instrumentación científica; e o módulo base, cos sistemas de enerxía, comunicacións e propulsión. Foi deseñado para pasar un ano en órbita.[2][5][6]

SAGE foi inxectado nunha órbita inicial de 655 km de apoxeo e 545 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 54,9 graos e un período de 96,9 minutos. O satélite comezou a ter problemas de enerxía o 15 de maio de 1979, aínda que continuou recollendo información científica ata o 19 de novembro de 1981. O último sinal de SAGE recibiuse o 7 de xaneiro de 1982, ao fallar a batería. O satélite reentrou na atmosfera terrestre o 11 de abril de 1989.[1][3][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos