STS-100

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-100 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 19 de abril de 2001 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-100
Lanzamento da misión STS-100
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento19 de abril de 2001, 18:40 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,9 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso1 de maio de 2001[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea, California[6]
NSSDC ID2001-016A

Características

STS-100, cos astronautas Kent Rominger (comandante), Jeffrey Ashby (piloto), Chris Hadfield (especialista de misión), Scott E. Parazynski (especialista de misión), John L. Phillips (especialista de misión), Umberto Guidoni (especialista de misión) e Iuri Lonchakov (especialista de misión) a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. Instalou o brazo robótico Canadarm 2, de 18 metros de longo e 1700 kg de peso e levou a bordo da estación 4500 kg de subministracións no contedor italiano Raffaello, tres traxes espaciais para actividades extravehiculares e unha antena UHF, entre outras cousas.[3][5][6][7]

O Endeavour acoplouse á estación ás 13:49 GMT do 21 de abril no porto PMA-2. Ás 16:00 o módulo Raffaello foi acoplado ao módulo Unity para a súa descarga. O módulo foi devolto ao transbordador o 27 e abril. Durante a súa misión tiveron lugar dúas actividades extravehiculares: na primeira, Parazynski e Hadfield instalaron a antena de UHF no módulo Destiny e despregaron e conecataron o brazo robótico canadense; na segunda, Hadfield e Parazynski fixeron conexións adicionais co brazo robótico, recolleron unha antena en desuso e deixaron nun almacenamento externo un conmutador eléctrico de reposto.[3][5][6][7]

O Endeavour desacoplouse o día 29, tras un atraso por problemas coas computadoras da estación. A nave aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, California, o 1 de maio, ao non poder aterrar en Florida debido ao mal tempo.[3][5][6][7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos