STS-51-G

misión do transbordador espacial Discovery

STS-51-G foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 17 de xuño de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-51-G
Lanzamento da misión STS-51-G.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento17 de xuño de 1985, 11:33 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión7,07 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita de varios satélites.[3][6]
Regreso24 de xuño de 1985[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1985-048A

Características

STS-51-G, con sete astronautas a bordo (Daniel Brandenstein, John Creighton, Shannon Lucid, John Fabian, Steven Nagel, Patrick Baudry, de Francia, e o príncipe Salman Al-Saud, o primeiro astronauta saudita), foi posta en órbita para lanzar os satélites Morelos, Arabsat 1B e Telstar 3D. A tripulación tamén fixo varios experimentos a bordo e liberou e recuperou a plataforma astronómica SPARTAN 1. Entre os esperimentos a bordo atopábanse ADSF, HPTE, OEX, FEE e FPE.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 24 de xuño de 1985.[3][5][6][7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos