STS-85

misión do transbordador espacial Discovery

STS-85 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 7 de agosto de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-85
Lanzamento da misión STS-85.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de agosto de 1997, 14:41 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,85 días[6]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera terrestre mediante o satélite CRISTA-SPAS-2.[3][6]
Regreso19 de agosto de 1997[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1997-039A

Características

STS-85, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para estudar a atmosfera terrestre mediante o satélite CRISTA-SPAS-2, liberado e recuperado na mesma misión. CRISTA-SPAS-2 observou a atmosfera en lonxitudes de onda infravermellas. A tripulación, formada polo comandante Curtis L. Brown, o piloto Kent V. Rominger, os especialistas de misiónN. Jan Davis, Robert L. Curbeam, Stephen K. Robinson e o especialista de carga Bjarni V. Tryggvason, tamén levou a cabo outros experimentos a bordo do Discovery.[3][5][6][7]

CRISTA-SPAS-2 foi unha colaboración entre a axencia espacial alemá DARA e a NASA que consistía en tres telescopios e catro espectrómetros despregados durante o primeiro día de voo. A plataforma foi recuperada o 16 de agosto despois de 200 horas de voo libre, tempo durante o cal desde terra se fixeron medicións atmosféricas mediante foguetes sonda e globos para correlacionar os datos. O transbordador levaba tamén a bordo a carga TAS-1 para probar novas tecnoloxías, MFD como experimento tecnolóxico para o futuro brazo robótico no módulo xaponés da Estación Espacial Internacional, IEH-02 para a observación do Sol e varios experimentos biolóxicos e de materiais.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 19 de agosto de 1997.[3][5][6][7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos