STS-91

misión do transbordador espacial Discovery

STS-91 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 2 de xuño de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-91
A Discovery vista desde a Mir na misión STS-91.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento2 de xuño de 1998, 22:06 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión9,83 días[6]
Obxectivo da misiónÚltimo acoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso12 de xuño de 1998[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1998-034A

Características

STS-91, con seis astronautas a bordo, foi a última misión dun transbordador cara a estación espacial Mir. Levou subministracións e equipamento e durante o lanzamento fixo uso dun novo tanque externo lixeiro de aluminio-litio. A tripulación, formada polo comandante Charles J. Precourt, o piloto Dominic L. Pudwill Gorie e os especialistas de misión Wendy B. Lawrence, Franklin R. Chang-Diaz, Janet L. Kavandi e Valeri Victorovitch Riumin, fixo diversos experimentos e o transbordador levou ao espazo por primeira vez o instrumento AMS para medir partículas moi enerxéticas.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 12 de xuño de 1998.[3][5][6][7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos